bannercalendario

Calendario Liga 1ª División Estatal

Tras o sorteo realizado o pasado xoves na sede da RFEBM, así queda o calendario de liga de 1ª División Estatal Masculina, terceira categoría en importancia do balonmán español. O Calvo Xiria, campión de liga as dúas últimas campañas comezará a defensa do título ligueiro recibindo, o 16 de setembro no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, a visita da SD Teucro B, filial do equipo de Asobal. A derradeira xornda de liga será o 5 de maio e os carballeses finalizarán a competición na casa recibindo ao Luceros, filial do Cangas de Asobal.
Podes descargar o calendario completo en formato pdf premendo nesta ligazón: cal_1-estatal_A

O grupo A da 1ª División Estatal queda composto polos seguintes equipos:
– Calvo Xiria (Carballo, A Coruña)
– Bm Porriño (O Porriño, Pontevedra)
– Atl Novás (O Rosal, Pontevedra)
– Bm Lalín (Lalín, Pontevedra)
– Bm Chapela (Chapela Redondela, Pontevedra)
– OAR Coruña (A Coruña, A Coruña)
– Bueu At (Bueu, Pontevedra)
– Bm Cañiza (A Cañiza, Pontevedra)
– Rasoeiro Bm (O Grove, Pontevedra)
– SD Teucro B (Pontevedra, Pontevedra)
– Seis do Nadal-Coia (Vigo, Pontevedra)
– UB Lavadores (Vigo, Pontevedra)
– SAR (Redondela, Pontevedra)
– Luceros (Cangas do Morrazo, Pontevedra)
– Bm Camariñas (Camariñas, A Coruña). Ascendido.
– SD Octavio (Vigo, Pontevedra). Equipo descendido a segunda nacional pero que foi invitado pola RFEBM para volver a competir en primeira.