CALVO XIRIA 21 – SA-FA CATESA 32

Calvo Xiria: Víctor, Alberto, Chimpo (3), Javi Zas (7), Hernán (2), Marcos (1) e Carlos (5) – equipo inicial – Quique, Nahuel, Cuco, Queco, Dubra, Álex (2) e Pablo ( 1 ).

Sa-Fa Catesa: Juan, Parrilla (2), Andrés, Miguel (4), Salinas (2), Óscar (9) e Miguel García (3) – equipo inicial – José, Gárate (3), Gallego (4), Ángel, Ricardo (3) e Manu (2).

Colexiados: Mal encontro dos colexidos cántabros Jesús e Jorge Escudero.

Parciais cada 5 min: 1-2, 3-3, 4-5, 4-8, 7-10, 10-12, 11-14, 13-17, 15-21, 16-24, 18-28, 21-32

Nova derrota do Calvo Xiria, desta volta fronte ao Sa-Fa Catesa madrileño por 21-32.

Mal encontro do carballeses que estiveron no partido ata o minuto 10 do segundo periodo. Como ven sendo a tónica habitual desta tempada, boa primeira metade dos carballeses que grazas ao acerto de Javi Zas dende o extremo e de Víctor na portería conseguían chegar ao intermedio con só dous goles de desvantaxe, poñéndose un abaixo no comezo da segunda metade. Nesta segunda parte cambiaron as tornas e os de Carballo que non conseguían rompe-la defensa do Sa-Fa vironse desbordados polo conxunto madrileño que pouco a pouco foi amplaindo a súa vantaxe ata chegar ao remate do partido.