Calvo Xiria 25 – A. Atl. Avilesina 20

O Calvo Xiria derrotou 25-20 ó A. Atl. Avilesina na 1ª Xornada da Primeira División Estatal. Os asturianos, un dos máximos favoritos para o ascenso, nada poideron facer nun encontro no que sempre se viron superados polo conxunto carballés.

A gran defensa feita polos homes de Juan Fernández e o acerto nos momentos importantes do partido, a pesares da mala actuación arbitral que perxudicou claramente ós locais, foron as claves para comezar a tempada cunha importante victoria que ademais rompe a racha negativa que se tiña coa Avilesina.

Cabe destacar o debut na categoría do xuvenil Álex, un dos novos valores da canteira carballesa.

Boa entrada no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, no que un público totalmente entregado co seu équipo voltou a disfrutar cun gran partido de balonmán, incluso cantándolle o «cumpreanos feliz» ó local Ofi. Dende este espacio tamén aproveitamos para felicitalo no seu 26 aniversario: «FELICIDADES PAVO»

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria:

Xurxo , Marcos ( 5 ), Fernando ( 5 ), David ( 2 ), Alfonso ( 2 ), Martín ( 4 ) e Ofi ( 5 ) – equipo inicial – Víctor, Mario ( ), Javi Zas ( 1 ), Alberto ( 1 ), Sergio ( ) e Álex ( ).

– Polo A. Atl. Avilesina:

José Manuel, Sergio, Lucas (2), Prieto (3), Alexis, Pablo (8), Raúl (4) – equipo inicial – Fernando García, Conejo ( 2 ) e Bily ( 1 ).

Marcador cada 5 minutos

1-1 / 4-2 / 6-4 / 7-6 / 10-7 / 12-8 / 13-9 / 15-10 / 17-12 / 19-15 / 23-18 / 25-20

Os colexiados Sres. Lorenzo e Pérez tiveron unha mala actuación.