Calvo Xiria 28 – Adelma Sinfín 21

11/04/2005

O Calvo Xiria gana por 28-21 ó Adelma Sinfín e asegúrase a permanencia.

Custou pero xa está feito.

Á hora de facer un breve resumo dos partidos do Xiria nunca pensamos en ter que relatar nada parecido ó acontecido o sábado. O balonmán é un deporte de contacto, eso está máis que claro, pero alguén debería recordarlle ós do Sinfín que os cobadazos, croques, collejas, puñadas, etc., non se permiten deste deporte. Vergonzoso. E por riba, con tres descualificacións directas, teñen máis que dicir e bótanlle a culpa ós colexiados que dito sexa de paso, fixeron encaixe de bolillos para que non andásemos todos a hostias. Desde logo non foi un partido para nada fácil de asubiar e cumpriron con creces.

Xa no que respecta ó encontro simplemente comentar que os de Juan Fernández fixeron o traballo que se lle encomendou e non responderon ás provocacións. Parabéns a todo o cadro e se cadra unha palmada especial para Ayllón, Sergio e Álex que comezaron a tempada algo baixos e o sábado amosaron o que valen.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Marcos ( 3 ), Ayllón ( 8 ), Martín ( 3 ), Alfonso ( ), Fernando ( 4 ) e Miguel ( 3 ) – equipo inicial – Quique, Javi ( 2 ), Nando ( ), Sergio ( 4 ), Dubra ( ), Álex ( 1 ) e Pablo ( ).

– Polo Adelma Sinfin: Manu, Carlos ( 2 ), Genio ( 4 ), Bárcena ( 2 ), Fernando ( 1 ), Trueba ( ) e Aira ( 5 ) – equipo inicial – Pínola, Servan ( 3 ), Álvarez ( 1 ), Tomás ( 3 ), Campos ( ) e Solórzano ( ).

Marcador cada 5 minutos

1-3 / 6-4 / 7-7 / 10-9 / 12-11 / 16-12 / 18-15 / 20-17 / 22-18 / 24-18 / 27-19 / 28-21