Calvo Xiria 28 – Artai Carlín 21

O Calvo Xiria impúxose por 28-21 ó Artai Carlín nun encontro que estivo dominado polos locais sen dar oportunidades ó rival. A parte amarga púxoa a lesión de Martín, que se fracturou novamente o quinto metatarso do pé esquerdo nunha acción fortuíta cun adversario de xeito case idéntico ó acontecido a pasada tempada.

O inicio da contenda veu marcado pola relaxación dos de Juan Fernández, que recibían un parcial de 0-3 nos primeiros cinco minutos. Como era de agardar, a reacción foi rápida e a defensa practicada no que vai de liga apareceu de novo, dando lugar á remontada e estabilizando a renda de 3-4 goles no marcador. O resultado ó descanso era 15-12.

Na segunda metade os carballeses limitaronse a conserva-la vantaxe no electrónico, destacando especialmente o traballo de Mario, tanto en defensa coma en ataque.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria:

Víctor , Javi ( 1 ), Fernando ( 5 ), Marcos ( 3 ), Alfonso ( 2 ), Martín ( 3 ) e Sergio ( 2 ) – equipo inicial – Villa, Mario ( 6 ), David ( 2 ), Gvazava, Alberto ( 1 ) e Ofi ( 3 ).

– Polo Artai Carlín:

Carlos, Areses, Jose, Jacobo ( 6 ), Salva ( 2 ), Jaime ( 4 ) e Rey ( 7 ) – equipo inicial – Docampo, Cesar ( 2 ), Roberto, Vaquero, Enrique e Dani.

Marcador cada 5 minutos

0-3 / 5-5 / 8-6 / 11-7 / 15-10 / 15-12 / 16-14 / 18-17 / 20-17 / 22-19 / 26-20 / 28-21

Os colexiados Sres. Granados e Pallarés estiveron correctos na súa labor.