Calvo Xiria 28 – Peguform S.A.R. 27

O Calvo Xiria derrotou ó Peguform S.A.R. por 28-27 en encontro disputado no Pavillón Zona Escolar de Carballo perante uns 250 afeccionados. Con este triunfo os de Carballo rematan cunha racha de tres derrotas consecutivas e voltan á senda do triunfo.

Comezaron forte os homes de Juan Fernández cunha moi boa defensa conseguindo un parcial de 4-0 no arranque e mantendo diferencias de entre 4 e 2 goles ata chegar ó descanso cun 15-13 ó seu favor.

Na segunda metade, un pequeño baixón dos carballeses provocoua a reacción dos de Redondela conseguindo igualar o encontro e incluso chegaron a poñerse nunha ocasión por diante no electrónico. A falta de cinco minutos os carballeses lograron distanciarse no marcador cunha diferencia de 3 goles que souberon sabiamente dosificar ata o remate do encontro.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa , Fernando ( 4 ), Marcos ( 3 ), David Silván ( 9 ), Alberto ( 2 ), Ofi ( 5 ) -equipo inicial- Víctor, Mario ( 1 ), Javi, Alfonso ( 1 ), Sergio y Dubra.

– Polo Peguform S.A.R.: Óscar, Cabaleiro ( 2 ), Guta ( 2 ), Miguel ( 8 ), Iván, Pablo ( 5 ), Yago ( 3 ) -equipo inicial- Suso Soliño, Román, Alejandro Ron ( 4 ), Ballesteros, Pinto e Luis Ron ( 3 ).

Marcador cada 5 minutos

4-1 / 7-3 / 9-6 / 11-10 / 14-12 / 16-14 / 19-18 / 20-20 / 23-22 / 25-24 / 27-25 / 28-27

Os colexiados Sres. Martínez Peña e Ruíz Coto tiveron unha actuación regular.