CALVO XIRIA 31 – CALFONCAL BM. LAVADORES 22

O Calvo Xiria derrotou 31-22 ó Calfoncal Lavadores nun encontro no que os locais tiveron que empregarse a fondo para que a victoria non tomase o camiño cara a Vigo.

Xa comentamos en máis ocasións o igualado e disputado que é o Grupo A da Primeira División e para demostralo nada mellor que o acontecido na tarde do sábado. Augurábase que ante o derradeiro clasificado non se pasarían apuros pero a relaxación defensiva da primeira metade fixo que os do Lavadores tiveran contra as cordas ós locais chegando ó descanso cun resultado de 14-14.

Logo das instrucción de Javier Barrios os seus pupilos saíron ó parqué cunha mentalidade ben diferente, moi asentados en defensa e mantendo o nivel en ataque. Nada puideron facer os visitantes que batían unha e outra vez cos defensores carballeses.

Aliñacións
Polo Calvo Xiria: Xurxo ( 1 ), Marcos ( 5 ), Fernando ( 5 ), Quique ( 2 ), Jordi ( 13 ), Martín ( 2 ) e Mario ( 2 ) – equipo inicial – Víctor, Suso ( ), Javi Zas ( ), Pablo ( 1 ), Alberto ( ) e Alfonso ( ).
Polo Calfoncal Lavadores: Dani, Jacob ( 6 ), Alex ( 1 ), Alonso ( 1 ), Iván ( 1 ), Rebolo ( 6 ) e Godoy ( 1 ) – equipo inicial – Costas, Mario ( 1 ), Isaac ( ), Daniel ( ), Iago Castro ( 5 ) e José ( ).

Marcador cada 5 minutos: 3-2 / 5-4 / 6-7 / 10-9 / 12-12 / 14-14 / 18-14 / 19-18 / 24-18 / 25-20 / 28-21 / 31-22

Os colexiados Sres. López e Martín tiveron unha boa actuación.

ACTA Nº: 2.002-2.003.04.02.09.05

Temporada 2.002-2.003
Fase 04 PRIMERA ESTATAL MASCULINA
Grupo 02 GRUPO «A»
Jornada 09 – JORNADA 09
Partido 05 – PARTIDO 05
Fecha 23-11-2002
Hora 19:00
Resultado 31 – 22
Arbitros 2063 RAFAEL LOPEZ PRIETO
2069 ANTONIO MARTIN GARCIA