CALVO XIRIA 38 – CB LAGARES PONTEDEUME 28

24/09/2006 CALVO XIRIA 38 – CB LAGARES PONTEDEUME 28
Calvo Xiria: Quique, Hernán (1), Fernando (9), Queco, Mario (9), Alberto (3), Javi Zas (7)– equipo inicial – Iván, Aitor (1), Queco, Cristophe (4), Pablo (2), Manuel y Pombo (2).
CB Lagares Pontedeume: Óscar, Jicho (5), Iago (1), Iago (7), Alex (1), César (2) y Alberto (5) – equipo inicial – Iran, Manu (2), Jesús (4), Titi (1) y Gugui.
Árbitros: José María García e Ivan Meijide. Mal..
O Calvo Xiria acadou unha cómoda victoria fronte ao CB Lagares Pontedeume no primeiro encontro da tempada en Segunda Nacional. Pese ao resultado final, o equipo de Marcos Rodríguez non logrou despegarse no marcador ata a metade do segundo tempo, se ben o partido nunca perigrou para os locais. O Calvo tivo que sobrepoñerse á pésima arbitraxe dos colexiados, que se cebaron con oito exclusións no bando local e só dúas nos visitantes. Ademais, o Pontedeume dispuxo de sete lanzamentos desde o punto de penalti, por só tres dos carballeses.

Cun inspirado Fernando Vázquez, o Calvo Xiria comenzou a abrir un pequeno oco nos primeiros compases de partido. O lateral zurzo dos carballeses era un martillo contra a endeble defensa visitante, que sobrevivía en ataque grazas ás segundas oportunidades de tiro e, nalgúns casos, á falta de intensidade dos verdibrancos. A excelente aportación de Quique baixo paos -12 paradas ao longo de todo o partido- permitiu ao Calvo comandar sempre o partido, aínda que sen abrir unha brecha no marcador para xogar con máis tranquilidade. Os de Marcos Rodríguez estaban faltos de ritmo en ataque e só o acerto de Fernando desde os nove metros permitía aos locais chegar ao descanso cun 16-12 ao seu favor.

O Xiria saliu moito máis metido no partido na segunda parte e Javi comezou a dar un recital de bo xogo no centro do ataque carballés. Un parcial de 4-0 permitiu ao Xiria irse no marcador aínda que, mediada a reanudación, o Pontedeume voltou a poñerse a só tres goles de diferencia. As continuas (e rigurosas) exclusións ás que foi sometido o Calvo Xiria, chegando a xogar un par de ataques con catro xogadores, permitiron aos visitantes meterse de novo no partido. Pero o grande encontro de Cristophe (catro goles sen fallo) e o festival anotador de Mario, deixaron a reacción visitante en simple anécdota. Os últimos minutos foron de festa no Pavillón Municipal da Zona Escolar, cun Pontedeume entregado e un Calvo Xiria que se foi ata os dez goles de diferencia nun final pletórico.

O peor do partido foron as moitas segundas oportunidades de tiro que deu o Calvo ao seu rival, ademais dunha arbitraxe á que se terán que ir acostumando os de Marcos Rodríguez, nada que ver en criterio e calidade coas de Primeira Nacional. O resultado a favor permitirá aos carballeses afrontar con moita moral o difícil compromiso da vindeira semana, fronte ao Lavadores en Vigo.