Calvo Xiria disputará a fase final da Copa Galicia

O vindeiro venres e sábado o conxunto do Calvo Xiria viaxará a Crecente para disputar a fase final da Copa Galicia 2016 en horario aínda por confirmar. Na semifinal posiblemente terá coma rival ao Bm. Cangas Frigorífico do Morrazo, conxunto que milita na liga Asobal e máximo favorito a facerse co título. Dende logo unha boa oportunidade para que os carballeses teñan que xogar ao máximo nivel para saber realmente no momento de forma no que se atopan, e deste xeito aproveitar a segunda parte da pretempada para correxir os erros que se amosen ante rivais de superior categoría.

Chega o conxunto carballés a esta semifinal logo de desfacerse nos oitavos do OAR da Coruña por un axustado 22 a 21, e nos cuartos do Academia Octavio de Vigo por 29 a 23. Este derradeiro partido disputouse o pasado domingo no Vila de Noia, e no que foi de salientar a participación dos máis novos, os xuvenís Antonio Mato na portería e Andrés Vila no extremo dereito, así coma de Gabriel Castiñeiras na primeira liña.

Incidencias: Partido disputado o domingo 28 de Agosto no Pavillón Municipal Vila de Noia con preto de 200 seareiros nas bancadas. Colexiados: Pablo Torreiro Ramos e Pablo González Fernández, do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Uxío Batán (29´) e Brais Puñal (36´) namentres polo Academia Octavio Vigo foron sancionados Francisco Camino (20´), Juan Baldó (34´) e Pablo Barros (51´).  7 metros: Calvo Xiria 2//3   Academia Octavio Vigo 4//6. Marcador cada 5 minutos: 3-3, 5-5, 7-7, 11-9, 15-10, 18-10, descanso, 19-12, 21-13, 22-15, 23-17, 27-19, 29-23.

CALVO XIRIA 29 (18+10): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (2), Uxío Batán (2), Martín Alfeirán (2), Julián López (2), Jorge Bouzas (3), Andrés Vila (2), Pablo Iglesias, Javier Rodríguez (1), Gonzalo Pombo (4), Gabriel Castiñeiras (3), Hugo Rodríguez (5), Mario García .

ACADEMIA OCTAVIO VIGO 23 (10+13): Pablo Cruz [p], Anxo Otero [p], Rodrigo de Moura (1), Rancisco Camino (3), Juan Baldó (2), Diego Prada (3), Pablo BArros (2), Iago Rivas (4), Daniel Bernárdez (2), Mario Prieto (6).