DSC_0254

Cara para o Garaysa e cruz para o Marmolería José Rey Xiria.

Abría a xornada o Marmolería José Rey Xiria; que segue coa súa escalada na parcela física; onde aínda se mostra inferior ao resto de rivais. Neste partido puido aguantar os primeiros 25 minutos; e mesmo puido ir durante certos momentos por diante no marcador. Pero na segunda parte; o Ribadosar mantivo o ton defensivo; cousa que non puideron facer os carballeses que se viron superados ante a fraxilidade no un contra un. E é que o traballo defensivo é unha das claves para seguir mellorando e traballando durante a semana.

Ao final o resultado foi de 18 a 24 favorable ao Ribadosar.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 18 ( 12 + 6 ): Alejandro Vázquez [p], Pedro Porteiro (4), Miguel Pérez, Oscar Tasende, Samuel Veiga, Samuel Regueira, Nicolás García, Alberto Rodríguez, Aarón Rodríguez, Bruno Facal, Erik Vázquez.

RIBADOSAR 24 ( 13 + 11 ): Carlos Valdés, Ismael Pérez, Daniel Cabana, José Ramón Rodríguez, Paulo Rey, Alberto Cordal, Manuel Piñon, Pablo Romero, Manuel Costoya, Ramón Blanco, Marcos Cortina, Carlos Quintela.

Seguidamente; empezaba o seu partido o Garaysa Xiria; contra o Nova Xestión Pavillón. Excelente primeira metade, de todos os compoñentes do equipo; que achegaron tanto na parcela defensiva como na ofensiva para marcharse ao descanso con 19 a 5 e sentenciando o partido; evitando así calquera tipo de sorpresa. A segunda parte; serviu para ir acumulando minutos de xogo e probar algunhas cousas; para próximos compromisos.

GARAYSA XIRIA 38 ( 19 + 19 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García (9), Ángel Viña (1), Julián García (2), Martín Fuentes (8), Miguel Goimil (3), Alberto Rodríguez (4), Juan Martín (6), Alberto Suárez (3), Pedro Porteiro (1), Samuel Veiga (1).

NOVA XESTIÓN PABELLÓN 16 ( 5 + 11 ): Ismael Moura, Diego Jorge, Raúl, Tristán Atrio, David Fraguas, Martín Carballo, José M. Fernández, Sergio Aldemir, Alejandro Rey, Mario Mihai, Álvaro Díaz.

A próxima semana os dous conxuntos descansarán debido á concentración das seleccións autonómicas. Incidencias: Partidos disputados no pavillón Vila de Noia de Carballo ante un centear de seareiros que animaron vos dous equipos carballeses durante gran parte dous partidos. Colexiado: José Henrique Folgoso Carro do colexio galego.