Archivos de la categoría Alevín Masculino

lemaco alevin

Os alevíns de E. BM.Xiria seguen mandando na clasificación

Os catro equipos alevíns de Escolas Balonmán Xiria, tres masculinos e un feminino, seguen dominando a clasificación da competición de Copa Federación e ocupan os catro primeiros postos da mesma. O pasado sábado, enfrontábanse o Grupo Lemaco feminino contra o Laber Xiria en Carballo e o LK Xiria co Centro Ideal Arteixo en Camariñas, descansando nesta xornada o Telepizza Carballo Xiria.… Seguir lendo >>

ALEVINES

Sorte dispar para os alevíns en BM7

A xornada de BM7 do pasado Sábado, presentou dous partidos ben diferenciados. Un, o que disputou o Xiria A fronte ao BM.Liña 21 e outro, o que disputaron os dous primeiros clasificados na Coruña, Xiria B e BM. Atlántico respectivamente.
Mentres o Xiria A caía incomprensiblemente en Carballo fronte a un rival de inferior nivel e ao que conseguía bater de forma contundente e o primeiro cuarto (7-1), o Xiria B mostraba o seu dominio no pavillón do colexio Vale Inclán fronte ao segundo clasificado e conseguía terminar como líder do seu grupo na competición de Copa e clasificarse deste xeito para a fase final do próximo Domingo.
Seguir lendo >>
DESTACADA

Xornada exitosa dos conxuntos alevíns antes do Nadal

Telepizza Carballo Xiria – Centro Ideal Arteixo

= 12 – 3

= 4 – 6

= 10 – 6

= 10 – 1

Manuel R.(11), Xurxo(10), Manuel P.(6), Alejandro, Daniel(6), Martín, Ángel(5)

Desde o inicio do partido, os xogadores do Telepizza Carballo Xiria mostrábanse superiores o sea rival, presionando cada un a súa marca e ocupando os espazos libres da zona de xogo, atopando así con clara facilidad a portería rival e recuperacións de balón.… Seguir lendo >>