Archivos de la categoría Cadete Masculino

O Hierros Varela Urbieta gaña con comodidade ao Carballal

Decimocuarta xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Hierros Varela Urbieta Xiria 38 – A.D. Carballal 24 (18-11)

Non tivo problemas o Hierros Varela Urbieta para dobregar ao rival desta xornada, o equipo vigués non atopou o sitio en ningún momento mentres o Xiria cun gran comezo de partido deixaba clara a súa superioridade a pesar de que co transcorrer do encontro foi afrouxando en intensidade.… Seguir lendo >>

Gran Triunfo do Hierros Varela Urbieta en Chapela

Décimo terceira xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Balonmán Chapela 44 – Hierros Varela Urbieta Xiria 45 (21-23)

Xogábanse moito ambos equipos neste enfrontamento e notouse nas gañas que os xogadores puxeron durante os 60 minutos na pista. Partido de moita intensidade onde a penas se fallaron lanzamentos a portería e onde o ritmo frenético de contra-gol e a igualdade converteron o choque nun magnífico partido.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta Xiria imponse ao Novás en O Rosal

Décimo quinta xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Valinox Novás 38 – Hierros Varela Urbieta Xiria 46 (16-23)

Adiantaron ambos equipos o partido correspondente a décimo quinta xornada pois esta semana non había competición.
O Hierros Varela Urbieta seguiu amosando a súa progresión dende inicio de ano e non dou opcións aos rosaleiros de acomodarse no encontro, tan so uns primeiros compás de igualdade pero no momento que os de Carballo axustaron a defensa foron abrindo distancias no marcador.… Seguir lendo >>

Bo partido do Hierros Varela Urbieta diante do Abegondo

Duodécima xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Hierros Varela Urbieta Xiria 42 – Abegondo Atlántico Opemat 29 (23-11)

O Hierros Varela Urbieta cada día vai a máis, como así o demostrou este domingo diante do Abegondo Atlántico, equipo que o superara na primeira volta pola mínima, pero equipo ao que non dou oportunidade e contra quen se amosou moi superior durante todo o encontro.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta Xiria supera ao Bueu

Décimo primeira xornada da Liga Ouro Cadete Masculina
Serviauto Bueu Atlético 26 – Hierros Varela Urbieta Xiria 45 (14-23)

O Hierros Varela Urbieta volve de Bueu cos dous puntos tras medirse ao derradeiro clasificado nun partido sen complicacións.
Demasiadas facilidades as dadas polo Bueu ante un Xiria que non perdoou e foise facendo co partido xa nos primeiros lances do encontro, asentado na súa defensa e con efectividade tras boas decisións no ataque os carballeses facían un partido cómodo, podendo dar moitos minutos aos menos habituais e permitíndolle seguir loitando pola cuarta praza da clasificación xunto co Chapela e o Cangas.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta viuse superado por un Lalín que se coloca Líder

Novena xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Hierros Varela Urbieta Xiria 28 – Embutidos Lalinense 36 (12-20)

Na derradeira xornada da primeira volta da Liga Ouro Cadete Masculina o Xiria recibía a un dos equipos favoritos para facerse co campionato, o Lalín demostrouno cun partido completo en todas as facetas do xogo e cun porteiro que atallaba calquera posibilidade do Xiria para igualar o choque.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta non pode superar ao Cisne

Sétima xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Cisne Colegio los Sauces 41 – Hierros Varela Urbieta Xiria 34 (20-20)

O Xiria visitaba a cancha pontevedresa do actual líder e máximo favorito para facerse coa liga, o Balonmán Cisne, e plantou cara durante os 60 minutos, dominando incluso moitos tramos do partido e quizá faltándolle un pouco de ambición e de asentamento en defensa.… Seguir lendo >>