Archivos de la categoría Cadete Masculino

O Hierros Varela Urbieta non pode superar ao Cisne

Sétima xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Cisne Colegio los Sauces 41 – Hierros Varela Urbieta Xiria 34 (20-20)

O Xiria visitaba a cancha pontevedresa do actual líder e máximo favorito para facerse coa liga, o Balonmán Cisne, e plantou cara durante os 60 minutos, dominando incluso moitos tramos do partido e quizá faltándolle un pouco de ambición e de asentamento en defensa.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta Xiria estréase na casa gañando ao Bueu

Segunda xornada da Liga Ouro Cadete Masculina
Hierros Varela Urbieta Xiria 47 – Serviauto Bueu Atlético 38 (24-16)

Non fallou no primeiro partido en Carballo o Hierros Varela Urbieta diante do Bueu Atlético, saíu consciente da igualdade desta Liga Ouro, tan so dous equipos gañaron os dous primeiros partidos, e amarrou o resultado amosando superioridade dende os primeiros minutos e non permitindo ao rival achegarse no marcador.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta Xiria clasifícase e xogará en Liga Ouro

Playoff Cadete Masculino

Non fallou a súa cita o equipo Cadete e novamente os tres equipos masculinos das Escolas Balonmán Xiria disputarán a Liga Ouro cos mellores equipos galegos
O Balonmán Tui facíase co Playoff tras gañar os tres partidos en Carballo, no encontro máis igualado superaba aos locais do Hierros Varela Urbieta, o Xiria gañaba dous dos tres partido ante Rasoeiro e Seis do Nadal, e esa segunda praza na clasificación outórgalle praza para a disputa da Liga Ouro Cadete Masculina.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta Xiria gaña en Moaña

Segunda xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculino

Balonmán Moaña 27 – Hierros Varela Urbieta Xiria 55 (16-29)

Non tivo problemas o Hierros Varela Urbieta para superar ao Balonmán Moaña, saída contundente dos carballleses que marcaban diferenzas amplas nos primeiros minutos, o rival víase desbordado ante o Xiria que anotaba en cada ataque, solo as concesións do Hierros Varela Urbieta en defensa daban algún respiro aos locais, 16 a 29 ao descanso.… Seguir lendo >>