Archivos de la categoría Cadete Masculino

Moi bo nivel o amosado polo Grupo Lemaco Xiria en Valencia

Moi bo nivel o amosado polo Grupo Lemaco Xiria en Valencia

Campionato de España Cadete Masculino: Sector G, Mislata (Valencia)

Con dúas vitorias e a derrota ante o máis que favorito Balonmán Mislata na primeira xornada, o Grupo Lemaco acadaba a segunda posición do Sector deixando unha excelente impresión de bo balonmán como equipo das Escolas Balonmán Xiria e non tendo problemas para superar aos conxuntos de Guipuzcoa e ao de Murcia.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco “A” cae derrotado ante o Cisne

O Grupo Lemaco “A” cae derrotado ante o Cisne
17ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino

Balonmán Cisne 38 – Grupo Lemaco Xiria A 29 (17-12)

O mal inicio de encontro, cun Grupo Lemaco castigado pola arbitraxe, tres exclusións seguidas nos primeiros 8 minutos a Marcos Varela que se tiña que ir do encontro con tarxeta vermella, lastraron ao equipo que non soubo repoñerse e xogou a desesperada en moitos tramos do encontro, demasiadas precipitacións e moitos erros no lanzamento.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco “B” pecha a Liga Prata gañando ao Lucense

14ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria B 43 – Balonmán Lucense 31 (20-17)

Gran partido o xogado por parte do segundo equipo cadete diante do Lucense para pechar a primeira parte da competición da Liga Prata.
Saíu moi concentrado e sabedor por onde tiña que amarrar ao rival en defensa e con moito descaro e xogo combinado no ataque, onde os xogadores locais fixeron o mellor partido da tempada.… Seguir lendo >>

Superioridade do Grupo Lemaco “A” diante do Cangas

13ª Xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 48 – Pizzería Barato Bm. Cangas 31 (25-13)

Nova vitoria nesta xornada para o Grupo Lemaco A cadete que recibía ao Balonmán Cangas na mañá do domingo.
A velocidade nas transicións e a fortaleza defensiva doulle un extra maior ao equipo que xa nos primeiros 30 minutos lle tomou a medida ao rival, chegaban diante da meta contraria con facilidade os locais e pese a errar moitos lanzamentos cobraban diferenza de 12 goles ao descanso.… Seguir lendo >>