Archivos de la categoría Cadete Masculino

Superioridade do Grupo Lemaco “A” diante do Cangas

13ª Xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 48 – Pizzería Barato Bm. Cangas 31 (25-13)

Nova vitoria nesta xornada para o Grupo Lemaco A cadete que recibía ao Balonmán Cangas na mañá do domingo.
A velocidade nas transicións e a fortaleza defensiva doulle un extra maior ao equipo que xa nos primeiros 30 minutos lle tomou a medida ao rival, chegaban diante da meta contraria con facilidade os locais e pese a errar moitos lanzamentos cobraban diferenza de 12 goles ao descanso.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco “B” volve a facer unha remontada pero acaba perdendo

10ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria B 33 – Culleredo Galaico Caravaning 34 (13-20)

Como na xornada anterior, o Grupo Lemaco despois dunha mala primeira metade onde o Culleredo foi moi superior e marcou distancias no marcador, meteu maior intensidade nas súas accións e conseguiu remontar unha distancia de 8 goles, incluso púxose por diante no marcador, pero desta vez chegou coa gasolina moi xusta a recta final do encontro e non puido superar ao rival.… Seguir lendo >>