Archivos de la categoría Infantil Feminino

O Nordata Xiria segue crecendo cunha importante vitoria na casa

NORDATA XIRIA 27 – 19 SAR RODAVIGO

Partido correspondente á xornada décimo cuarta da Liga Ouro. Un partido dominado de principio a fin no que as do Nordata Xiria non deron ningún tipo de oportunidade ao Sar. As do Xiria mostráronse moi seguras de si mesmas e do seu bo xogo, e aínda que en ataque estaban a perder balóns, a defensa e a portería locais non deixaban que as do Sar se acercaran no marcador e permitíanas seguir cómodas no ataque.… Seguir lendo >>

Derrota contundente do Tubasys ante un forte Abegondo

O Tubasis agardaba no Vila de Noia a chegada dun Abegondo que loita pola primeira praza ante Bueu e Rasoeiro coa necesidade de puntuar.

As capacidades ofensivas de ambos equipos foron insuficientes no comezo dun partido disputado onde as perdas de balón non forzadas e os numerosos erros de lanzamento xogaron en contra do Xiria, evitando superar o empate de (5-5) dos primeiros 12 minutos.… Seguir lendo >>

Tubasys cae ante un Bueu incontestable

As rapazas do Tubasys viaxaron o sábado para enfrontarse o líder invicto da liga, Bueu. A pouca rotación e os problemas físicos de Lara, a única porteira, non xogaron a favor das carballesas.

Dende o inicio do partido o Bueu se impuxo de forma contundente a pesar da intensa defensa do Xiria grazas os poucos goles encaixados, xa que o Tubasys seguía a errar lanzamentos unha e outra vez a pesar de que o número de situacións claras era semellante en ambos conxuntos.… Seguir lendo >>