Archivos de la categoría Previa Xornada

DSC_0031

Xornada completa e final na División De Honra

Na primeira estatal masculina, o Calvo Xiria recibe ao BM. Rasoeiro coa obrigación de seguir sumando e non perder corda co líder, ademais de manter a diferenza cos seus perseguidores. Non cabe ningún tipo de confianza fronte aos do Grove, xa que estes chegan coa moral alta pola súa recente vitoria contra o OAR e convértese nun equipo moi perigoso polas súas urxencias na clasificación.… Seguir lendo >>

_DCR4247 (Copiar)

Novo derbi da Costa da Morte entre o Boya e o Calvo Xiria

Este fin de semana xogarase un novo derbi da Costa da Morte entre o Conservas Boya BM. Camariñas e o Calvo Xiria. Chegados a este punto do campionato, o partido adquire tinguiduras de relevancia, sobre todo para os carballeses, que non poden ceder puntos se queren seguir mantendo os catro de diferenza con respecto aos seus inmediatos perseguidores, que ademais se enfrontan entre eles nesta xornada.… Seguir lendo >>

_DCR4268 (Copiar)

Partidos decisivos para os conxuntos de Escolas Balonmán Xiria

Nesta fin de semana, os equipos de División de Honra de Escolas balonmán Xiria afrontan, nalgúns casos, partidos decisivos para cumprir os obxectivos. É así, por exemplo, que o Laber Xiria xuvenil ten unha final contra o Teucro, xa que en caso de saír derrotado, practicamente quedará sen opcións de conseguir a sexta praza que dá dereito a competir na DH a próxima tempada.… Seguir lendo >>

DSC_0021

Fin de semana de derbis

Os caprichos do calendario, quixeron que nesta xornada se vaian a disputar varios derbis entre as categorías bases e o senior masculino, todos eles de gran importancia para o que resta de competición:

O Calvo Xiria segue sumando de dous en dous puntos tras o parón do Nadal e o máis importante, é que o vén facendo con solvencia e dominando os partidos.… Seguir lendo >>
DSC_0190

Xornadas de vértigo para os conxuntos de E.BM.Xiria

Sen apenas respiro e despois da gran vitoria conseguida o fin de semana pasado fronte ao Construcciones Castro Octavio, O Calvo Xiria afrontará outra particular final no seu desprazamento a Vigo o vindeiro sábado.
O BM.Lavadores, rival que recibe aos bergantiñáns, foi o primeiro equipo que logrou levar un punto de Carballo esta campaña, feito que pon de manifesto as dificultades coas que se atoparán os do Calvo na cidade olívica.
Seguir lendo >>