Archivos de la categoría Previa Xornada

Fin de semana frenética con enfrontamentos importantes e inicio da competición prebenxamín

1ª Nacional masculina:

Temperatura fría e unha afección entregada ao seu equipo, será o ambiente que se atope o Calvo Xiria na súa visita ao Balonman Saeplast Cañiza (sábado 18:00h). Os locais chegan con confianza despois de gañar ao Lanzarote e a Chapela, dous dos favoritos, pero tamén o Calvo Xiria chega ao encontró en plenitude de condicións.… Seguir lendo >>

Últimos partidos antes do parón do Nadal

1ª Nacional masculina:

Último partido para o Calvo Xiria antes das vacacións de Nadal. Xogarán a domicilio, na pista do Bm Tenerife Tejina co obxectivo de prolongar a súa serie de vitorias e ir a máis para a segunda parte da tempada. O encontro disputarase o sábado ás 19:00 (hora insular), entre dous equipos con refachos moi distintos, pero a igualdade dos resultados esta tempada entre todos os equipos, e factor de xogar como visitante, convidan a que o Calvo Xiria deberá manter a concentración durante os 60 minutos e non deixarse caer no ritmo de xogo dos locais.… Seguir lendo >>

Os equipos de E. BM. Xiria visitarán varias provincias galegas esta fin de semana

Logo da derrota da semana pasada na casa; o Calvo Xiria viaxa ata Pontevedra para enfrontarse ao filial de Teucro. A priori, espérase un partido igualado no que cada detalle poderá decidir o encontro a favor duns ou outros. O Calvo Xiria, necesita gañar en confianza e unha vitoria contra un complicado Teucro, que unicamente colleita dúas derrotas esta tempada; podería ser o impulso necesario que lle fai falta.… Seguir lendo >>