Archivos de la categoría Previa Xornada

Os equipos de E. BM. Xiria visitarán varias provincias galegas esta fin de semana

Logo da derrota da semana pasada na casa; o Calvo Xiria viaxa ata Pontevedra para enfrontarse ao filial de Teucro. A priori, espérase un partido igualado no que cada detalle poderá decidir o encontro a favor duns ou outros. O Calvo Xiria, necesita gañar en confianza e unha vitoria contra un complicado Teucro, que unicamente colleita dúas derrotas esta tempada; podería ser o impulso necesario que lle fai falta.… Seguir lendo >>

Partidos estelares en senior e comezo da competición alevín e benxamín BM5

O Calvo Xiria afronta un partido complicado esta fin de semana na pista do lider invicto, o embutidos Lalinense. O maxestoso Lalín Arena será testemuña unha vez máis dun enfretamiento xa clásico nos últimos anos polos postos altos da clasificación e aínda que nesta ocasión a diferenza de puntos é maior que en anteriores tempadas, os dezáns terán que realizar un gran labor durante os sesenta minutos para impoñerse a un Calvo Xiria que sempre saca o mellor de se nas grandes citas.… Seguir lendo >>

Sábado intenso de balonmán no CEIP Fogar e no Vila De Noia

O Calvo Xiria ten unha nova xornada en primeira nacional, está vez viaxa ata Vigo para enfrontarse ao Magope Seis Do Nadal. Equipo asentado na categoría, coas ideas claras sobre o seu estilo de xogo e que non se engurra ante ningún rival. O Calvo Xiria tratará de facerse cos dous puntos nun partido que se prevé rápido e de moitas situacións de ataque; polo que un dos factores para ter en conta será o acerto dos porteiros.… Seguir lendo >>

Os equipos de base e o senior feminino preséntanse como locais

Imos á xornada dúas da 1ª Estatal; o Calvo Xiria estréase a domicilio no pavillón municipal O Consello. Enfrontarase ao Carnes Doribiero-Ourense o sábado 28 ás 19:00.
O conxunto de Carballo quere continuar na liña de traballo habitual e prepara o encontro coa máxima esixencia a propósito de que os locais queren estrear a súa marcadora……¿Conseguirá o Calvo Xiria manter o ritmo de xogo a domicilio?.Para iso o preparador Adrián Dubra, conta coa baixa segura de Fary, e as dúbidas de Enrique Pena que segue sen adestrarse e Chimpo que vai entrando no grupo aos poucos despois da súa lesión.
Seguir lendo >>