Archivos de la categoría Previa Xornada

O Calvo Xiria quere referendar a melloría defensiva do equipo á conta dun necesitado Forbe Reconquista de Vigo

1ª Estatal masculina

O Calvo Xiria estrea a segunda volta xogando na casa fronte ao Forbe Reconquista de Vigo. Como novidade, este sábado xogarán ás 19:00 no Vila de Noia, outra vez sen público.

Os vigueses son outro dos equipos recentemente ascencidos; marchan penúltimos na táboa, e esta segunda volta contarán todos os seus partidos como finais, para tratar de salvar a categoría.… Seguir lendo >>

O Balonman Xiria busca alcanzar os seus obxetivos nunha xornada importante

1ª Nacional masculina:

O sábado ás 20:00, o Vila de Noia ten unha nova cita na que será a xornada 9. Enfróntanse o Calvo Xiria e o Vitaldent Vecindario que voará desde Gran Canaria. Un equipo recentemente ascendido á categoría, que lle custou arrincar no debut, no seu obxectivo pola permanencia, pero co paso das semanas creceu e mira a cotas máis altas con equipos que agora están na media táboa.Seguir lendo >>

O Calvo Xiria buscará a vitoria na pista do Bueu Atlético Balonman

1ª Nacional masculina

O Calvo Xiria xoga a domicilio, o sábado ás 19:00 no pavillón Pablo Herbello, contra o Bueu Atlético Balonman. Pista histórica de primeira nacional, e equipo competitivo e que con traballo quere aspirar a cotas maiores cada ano; por tanto un rival que lle poñerá as cousas difíciles a un Calvo Xiria que se prepara a conciencia para a disputa deste encontro.… Seguir lendo >>