Archivos de la categoría Senior Femenino

Calvo Xiria remata o ano con outro empate

O encontro mantivo a igualdade dende os primeiros lances do encontro, nun partido rocoso no que ningún equipo logrou levar a iniciativa con claridade. As defensas de ambos equipos puñeron feroz resistencia ante ataques con moi escaso éxito no lanzamento exterior levando á necesidade de chegar a seis metros para lograr puntuar, dando ós lanzamentos de sete metros un papel fundamental no desenrolo do encontro.… Seguir lendo >>

A Vitoria do Calvo Xiria o asenta nas primeiras prazas de Autonómica

O Calvo Xiria agardaba na tarde do sábado a chegada dun Pabellón que aínda ten por estrear o tanteo de puntos durante a presente liga pero que viña de facer un partido sólido ante o Balonmán Lalín en casa.

Malia o inicio desacertado de cara a meta contraria, o Xiria impúxose ó Pabellón coa boa actuación defensiva que ven amosando dende as primeiras xornadas, axudada pola intervención dunha Nadia que rematou o encontro cun 50% de paradas.… Seguir lendo >>

Primeira derrota ligueira do Calvo Xiria

O Calvo Xiria encaixou a súa primera derrota ligueira no Vila de Noia o pasado sábado ante o Lavadores de Vigo. Todo indicaba que os afeccionados poderían vivir un partido igualado entre o vencedor da liga e o conxunto descendido de nacional na pasada tempada, pero a falta de acerto do Xiria ante a portería viguesa e os contraataques polo extremo esquerdo obrigaron a solicitude dun tempo morto no minuto 11 para interrumpir a dinámica que levou ó (3-8) inicial co tándem Uxía-Sonia.… Seguir lendo >>

Calvo Xiria remata con pleno de vitorias a primeira fase da Copa Federación

Aínda que a clasificación xa estaba asegurada dende a anterior xornada, o Calvo Xiria acadou o domingo no Vila de Noia os máximos puntos na Primeira Fase da Copa Federación, Grupo B impoñéndose ó Coreti Lalín (31-23).

O encontro comezou bastante parello por mor dos erros en ataque de ambos equipos e o ben facer de ambas defensas, pero pronto as locais recuperaron balóns e puideron transformar goles sinxelos mediante contraataques de ambas extremos.… Seguir lendo >>