Archivos de la categoría Senior Femenino

Gran vitoria do Calvo Xiria para afianzar o liderato

A vitoria 31-25 diante do Balonmano Reconquista Vigo permite ó Calvo Xiria manter o liderato con catro puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores.

O Vila de Noia presentou unha boa entrada nun encontro chave na loita polo título da 1ª autonómica feminina.  Tras uns primeiros compases de tanteo, o Xiria, con Lara Otero moi inspirada, acadaba unha renda de tres goles (9-6), malia que non conseguía dominar o encontro.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria remata líder a primeira volta

O noso senior feminino rematou onte en Narón unha volta case perfecta. Con doce vitorias e só unha derrota, na primeira xornada, as carballesas colócanse líderes cos mesmos puntos co Tapería dos Chata Bm. Cangas.

No encontro de onte correspondente á xornada trece, o conxunto carballés impuxo a súa superioridade dende o comezo diante dun Balonmán Narón que ofreceu pouca resistencia á actuación coral do Xiria.… Seguir lendo >>

Nova vitoria para o Calvo Xiria

Novena vitoria consecutiva para o Calvo Xiria, esta vez diante co Granitos Ibéricos Carballal, que serve para manter a primeira praza.

No primeiro encontro da tempada no CEIP Fogar as nosas amosaron a súa superioridade durante todo o encontro. Tras uns dez primeiros minutos plagados de imprecisións, o conxunto carballasés conseguiu evitar todas as tentativas rivais cunha intensa defensa 6:0.… Seguir lendo >>