Archivos de la categoría Senior Femenino

O Calvo Xiria comeza a liga cunha vitoria ante o BM Pabellón

As carballesas deron o pistoletazo de saída á competición ligueira ante o BM Pabellón cunha vitoria referendada cunha actuación de escándalo dunha Nadia Vázquez que fixo nada máis e nada menos que vinte e sete paradas ao longo deste encontro.

De Pueblo Carnicería BM Pabellón 16 – 18 Calvo Xiria

De Pueblo Carnicería BM Pabellón (7+9): María Agar Teixeira, Ana Pérez, Leila Durán, Andrea López (2), Yamila Michelle Melo, María González, Andrea Abad, Verónica De Cristofaro, Ruth Sánchez, Carla Fernández, Lucía Rodríguez, Milena Costa, Laura Costas Rial.… Seguir lendo >>

Jessica Posse seguirá capitaneando o Calvo Xiria

A experimentada xogadora carballesa continuará unha temporada máis sendo a capitana do conxunto verde e negro.

Jessica Posse Díaz (Carballo, 1989) é a xogadora que todo adestrador desexa ter e a traballadora que todo clube necesita. A capitana e a cara máis visible do clube renova, como non podía ser doutra maneira e fará gozar á afección unha tempada máis.… Seguir lendo >>

Samertolameu e Pabellón, primeiros rivais do Calvo Xiria en Copa e Liga

Dende o pasado luns, o Calvo Xiria de Manu López xa está mans á obra para preparar a próxima tempada e xa coñece aos seus primeiros rivais en competición oficial.

Na mañá deste mércores, a Federación Galega de Balonmán acolliu o sorteo da copa e da liga de Primeira Autonómica Feminina, competicións nas que participará esta tempada o conxunto verde e negro.… Seguir lendo >>