Archivos de la categoría Senior Masculino

O Calvo Xiria pecha unha fin de semana de gran actividade cunha derrota

O Calvo Xiria caeu ante un Base Oviedo que amosou ser un dos claros candidatos á División de Honra Prata.

Calvo Xiria 24 – 35 Unión Financiera BM Base Oviedo

O conxunto asturiano aterrizou en Carballo cun amplo plantel dun gran nivel, como clara mostra, a presenza do arxentino Gonzalo Carou, e fíxoo ante un Calvo Xiria que non saltou todo o ben que debería á pista, algo que propiciou que Adrián Dubra a pedir un tempo morto que fixo o debido efecto e que lle permitiu aos carballeses chegar con opcións de todo ao tempo de lecer.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria afronta unha esixente Supercopa Galicia ante todo un Atlético Novás

Regresa o balonmán ao Vila de Noia e faino da man dun Calvo Xiria que afronta con moita ilusión o primeiro encontro da Supercopa Galicia, unha competición que disputan os oito conxunto da nosa Comunidade Autónoma que mellor clasificación lograron durante a tempada 2020-2021,

Cangas Frigoríficos do Morrazo, Cisne, Acanor Atlético Novás, SD Teucro, BM Lalín, Rodosa BM Chapela, Saeplast BM Cañiza e o noso Calvo Xiria serán os equipos que disputarán esta competición ao longo deste último tramo de verán, na que ao conxunto verde e negro lle tocará afrontar un esigente enfrentamento, o cal tamén será o primeiro partido preparatorio desta pretempada.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria dá o pistoletazo de saída á tempada 2021-2022

O vindeiro luns 9 de agosto ás 21.00h., o equipo que dirixe Adrián Dubra sairá a escea no Vila de Noia para dar comezo á tempada 2021-2022.

Logo de dous meses de parón estival, os xogadores do Calvo Xiria volverán a retomar a actividade deportiva para afrontar un ano diferente, con numerosos cambios no plantel e no que ao igual que estas últimas tempadas, os carballeses tratarán de loitar por estar nos postos de privilexio da clasificación, algo que lle vai esixir ao equipo estar a un nivel moi alto, tendo en conta os proxectos moi ambiciosos que haberá no grupo A da Primeira Estatal nesta 2021-2022.… Seguir lendo >>