Archivos de la categoría Xuvenil Masculino

O MONTAXES CARBALLO NON PODE CO UPI INFORMATICA LALÍN

O pasado domingo enfrontábanse o Montaxes Carballo co Upi Informática Lalín nun partido que se presupoñía de moita intensidade debido a que os dous estaban a pelexar por entrar no mellor posto posible na Final Four.

MONTAXES CARBALLO 26 – UPI INFORMÁTICA LALÍN 31

Os carballeses saíron ao encontro sen a tensión que che esixe un partido de estas características se queres competir.… Seguir lendo >>

Vitoria do Montaxes Carballo fronte ao Valinox Novás

Os de Carballo disputaban este sábado un partido moi importante, pois nestes momentos da tempada todos os partidos pasan a ter máis relevancia e cada punto sumado ten moito valor. Enfrontábanse ao Novás que a pesar dos poucos puntos conseguidos e un equipo co que xa nos vimos as caras en dúas ocasións este ano e sempre se amosan combativos

MONTAXES CARBALLO 38 – VALINOX NOVÁS 35

O partido comezaba co equipo carballés algo frío, con algún desaxuste pouco habitual na defensa e errado de cara á portería.… Seguir lendo >>

O Montaxes Carballo empata un partido marcado polos erros de cara a lanzamento

O Montaxes Carballo disputaba o pasado sábado un importante partido contra un rival directo, rival que está a pelexar polos postos altos da táboa e que viña conseguindo puntos importantes.

MONTAXES CARBALLO 26 –  IBERCONSA BALONMANO RECONQUISTA 26

O partido comezaba cos carballeses moi enchufados e isto pronto se ía a ver na actitude defensiva, actitude que procuraba recuperar o balón máis que realizar faltas.… Seguir lendo >>

Vitoria do Montaxes Carballo no Rosal

Viaxa o equipo carballés ao Rosal despois de unha dura derrota na súa casa con ganas de mellorar a súa imaxe sabedores que o seu nivel e maior que o amosado a fin de semana pasada.

VALINOX NOVÁS 21- MONTAXES CARBALLO XIRIA 30

O comezo do partido foi bo por parte dos carballeses, en ataque dando as continuidades necesarias para chegar a unha situación favorable de gol, na defensa logo de uns desaxustes inciais, grazas a mobilidade do grupo conseguíase condicionar ao ataque rival que tan só conseguía facer dano nos 1vs1.… Seguir lendo >>