O Calvo Xiria gaña por 27-24 ó Bm. Portadeza-Lalín.
Chegou a primeira victoria como visitante para os de Juan Fernández no último partido do ano ante un conxunto que se xogaba a posibilidade de quedar campión de liga pero realmente para eles, o obxectivo xa se cumprira a pasada xornada ó meterse matematicamente na fase de ascenso e desde aquí felicitar tanto ó equipo de Lalín como ó Atl.… Seguir lendo >>
Non puideron os de Carballo co líder e eso que ata o minuto 27 o partido estaba a ser igualado, de feito, de non ser polos numerosos erros en ataque o Xiria comandaría o marcador xa que a defensa funcionaba de marabilla.… Seguir lendo >>
Encontro de gran tensión o vivido no Pavillón da Zona Escolar perante uns cincocentos afeccionados. Notouse o que se xogaban os dous equipos no comezo do encontro onde se vía ós xogadores de ámbolos conxuntos moi agarrotados. Os locais amosábanse moi erráticos en ataque e tardaban en axusta-la defensa.… Seguir lendo >>
– Polo Universidad de León Ademar: Yeray, Guillermo (4), Garza (2), Millán (3), Víctor (7), Chamorro (4) e Eduardo Silván (1) – equipo inicial – Álvaro, Callejo (1), Pablo (4), Pablo Rodríguez (1), José ( ), Alonso (1) e Magadán (4).… Seguir lendo >>
Nova victoria na casa dos de Juan Fernández que na contenda perderon a Fernando Vázquez que caía lesionado na primeira metade e nesta semana saberase a gravidade do percance. O partido foi controlado en todo momento polos locais que da man dun entonadísimo Javi anotaban con facilidade.… Seguir lendo >>
Os locais queimaban o penúltimo cartucho para non verse definitivamente descendidos e saíron con moita forza pero aínda así os de Carballo mantiñan o tipo en defensa e dominaban no marcador na primeira metade sen xogar con brillantez en ataque. O segundo tempo mantivo a mesma tónica pero a nefasta actuación arbitral que sancionaba duramente ós visitantes ( 9 exclusións contra 4) fixo que os redondeláns desen empatado o encontro.… Seguir lendo >>
Non se podía perdoar e os carballeses deron boa conta do equipo visitante ó que non deron opción en ningún momento. Xa desde os primeiros compases se viu unha actitude á que non nos tiñan afeitos os de Juan Fernández que xogou con mestría as súas bazas presentando por momentos unha defensa 3-3 que lle daba a puntilla ós de Luciano.… Seguir lendo >>
Xa dicíamos na primeira volta que o conxunto ovetense amosara o mellor xogo da categoría e referendárono o sábado. Se ante a Avilesina o que nos amargou foi o pivote Conejo, desta volta o seu irmán Pacho desde o centro foi un pesadelo e controlou o tempo de partido, anotou e creou xogo para os compañeiros.… Seguir lendo >>
Partido vibrante o disputado na tarde do sábado de entroido entre dous conxuntos moi separados na táboa que certificaron o igualada que está a competición este ano. Ambos cadros precisaban os puntos aínda que por diferentes motivos e saíron a por eles para deleite dos 400 espectadores que quentaban as gradas.… Seguir lendo >>