O Grupo Lemaco Xiria cadete, caeu no último partido da tempada fronte ao potente Academia Octavio de Vigo, actual campión galego da categoría.
Os olívicos, que xogan o próximo fin de semana a fase do campionato de España, saíron moito máis metidos en faena que os bergantiñáns, con motivo da preparación da cita nacional. … Seguir lendo >>
O Grupo Lemaco, sufríu a primeira derrota desta Copa Federación no pavillón de Coia (Vigo) ante o subcampión galego. O partido viuse deslucido dende o principio, xa que os carballeses, minguados de efectivos, acudiron ao envite con tan só dez xogadores.… Seguir lendo >>
O Grupo Lemaco Xiria xogada o pasado Sábado un novo derbi, este, pertencente á terceira xornada da Copa Federación e fronte ao BM.Artabro. Os de Carballo, que non coñecen a derrota nesta competición, impuxéronse ao seu rival nun segundo tempo no que se mostraron moi superiores.… Seguir lendo >>
Os cadetes do Xiria mostráronse moi superiores ao seu rival no día de hoxe e bateron con suficiencia a un dos mellores conxuntos da liga, como é o Luceros de Cangas. A maior diferenza, que chegou a situarse nos 11 goles, deu paso a uns minutos de relaxación que deixaron o marcador final en 33-26.… Seguir lendo >>
O Grupo Lemaco Xiria cadete, conseguíu un empate nos últimos instantes dun encontro que se lles puxo moi negro dende o principio. Os de Carballo comezaron o partido moi indolentes e espesos nas accións, perdendo até nove balóns nos os primeiros minutos.… Seguir lendo >>
Academia Octavio Pîzza Movil «A» – 35 (16+19): Daniel, Lois (3), David (7), Gregorio (4), Diego (7), Alejandro, Andre (1), Nicolás (5), Bruno V. (5), Pedro (2), Bruno C. (1), Rui.
Grupo Lemaco Xiria – 27 (12+15): Jose, Carlos (4), Fran (1), Antón, Andrés (4), Ronaldo (3), Andy (2), Roi (4), Manuel Souto, Juanca (9) e Samuel.… Seguir lendo >>
O BM.Porriño impúxose ao Grupo Lemaco Xiria en categoría cadete, nun encontro que os foraneos dominaron de principio a fin e onde os carballeses foron a remolque desde o inicio.
Os xogadores de Xiria entraron no partido moi fríos e en apenas cinco minutos sufrían un parcial de 1-4 que obrigaba ao técnico local a solicitar o seu primeiro tempo morto para reactivar aos xogadores.… Seguir lendo >>
Un encontro que tiña dominado o Grupo Lemaco a quince minutos da finalización e que parecía que ía rematar cun resultado contundente dos de Xiria, cambiou de rumbo de forma incomprensible nos últimos instantes e acabou con empate no electrónico.
Tardaron os carballeses en asentarse sobre o terreo de xogo e os primeiros algarismos eran de absoluta igualdade no marcador, pero un parcial de 1-4 no últimos cinco minutos do primeiro tempo, propiciado por un sobresainte xogo colectivo no ataque posicional, daba unha moi boa vantaxe aos verdinegros cara á continuación (12-16).… Seguir lendo >>
O Grupo Lemaco Xiria cadete, realizou un excelente encontro no pavillón vigués de Coia. Os de Carballo, que se enfrontaban ao segundo clasificado da táboa, dominaron nunha primeira parte ao gran conxunto olívico e nun partido vibrante e igualado, caeron no último instante co tempo a cero e un penalti en contra.… Seguir lendo >>
O Grupo Lemaco e o BM.Cisne, disputaron un encontro con dous partes claramente diferenciadas. O primeiro tempo foi de claro dominio pontevedrés e no segundo, foron superiores os de Carballo, que a punto estiveron de sorprender aos visitantes e sacar algo de proveito nos últimos instantes do envite.… Seguir lendo >>