Archivos de la categoría Z 2014-2015 Senior Masculino

Vitoria para o Calvo Xiria

Na pista atopábanse os dous equipos que loitaban por rematar a liga na quinta posición e todo facía presaxiar un duelo intenso e con emoción. Dende logo os visitantes saíron con esa intención ao parqué carballés, xa que en catro minutos levaban ao electrónico un 0-2 que deixaba claras as súas intencións, pola súa parte o Calvo Xiria erraba os seus tres primeiros lanzamentos e en defensa non funcionaba ao nivel habitual.… Seguir lendo >>

Vitoria do Calvo Xiria

Dous novos puntos para o conxunto carballés, que sen facer un gran partido se que tivo a virtude de impoñer o ritmo que máis lle interesou en cada momento. Comezou o Calvo Xiria sen a intensidade defensiva das últimas xornadas, dando moitas opcións aos vigueses de se achegar á liña de seis metros para lanzar en posicións moi cómodas, o que permitía ao conxunto local pensar en ter opcións de levarse algo positivo deste encontro.… Seguir lendo >>

Dous puntos e quinta praza para o Calvo Xiria

Retomouse a liga de 1ª Estatal logo do parón por mor da semana santa, e acadou dous novos puntos o Calvo Xiria para cumprir co seu obxectivo de loitar por cada un dos partidos até final de liga. E abofé que así o fixo, con moita seriedade dende o inicio por parte dos carballeses que a base de defensa, portería e contragolpes deixaron o partido sentenciado nos primeiros vinte minutos nos que se amosou moi superior no día de hoxe ao seu rival.… Seguir lendo >>

Derrota ante o líder

O primeiro no día de hoxe é dar os parabéns ao Cisne pola gran tempada que está a facer e que o deixa logo desta vitoria, e a falta de catro xornadas a dous puntos de rematar campión de grupo. En canto ao partido suliñar o espectáculo, vivido dende a tensión e o desexo de gañar mais cunha exquisita deportividade, ofrecido por uns e outros cun gran balonmán e emoción até o asubío final.… Seguir lendo >>

Dous puntos perdidos no mellor partido da tempada

Perdeu en Vigo ante o segundo clasificado os dous puntos e moi posiblemente a máis mínima opción de loitar polo segundo posto no mellor partido que xogou en toda a tempada o Calvo Xiria. Detalles en momentos puntuais, de cara ao lanzamento, e unha máis que discutible actuación arbitral durante certos momentos do partido no que os vigueses estaban ao borde do precipicio impediron que os puntos se fosen para terras carballesas.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria suma dous puntos no derbi provincial

Controlou os sesenta minutos de derbi provincial o Calvo Xiria, mais tardou demasiado en poñerse serio no derbi provincial que o enfrontou ao Bm. Ártabro. Moitos minutos xogados sen demasiada intensidade se reflectían en que no minuto corenta o conxunto coruñés estivese a so catro goles no electrónico, motivado polo pouco traballo que os xogadores carballeses plasmaban no parqué do Vila de Noia.… Seguir lendo >>

Dous puntos para seguir na loita pola segunda praza

Acadou a vitoria o Calvo Xiria no partido ante o Bm. Pontevedra disputado este domingo en Pontevedra. Dous puntos que lle permiten seguir na carreira polo ansiado segundo posto, na que están inmersos cinco equipos. O partido comezou ben para os intereses carballeses, que entre a fluidez en ataque que xeraba moi boas situacións de lanzamento e unha defensa que se impoñía ao ataque pontevedrés obtiña unha vantaxe no marcador de catro goles.… Seguir lendo >>