Escanear0029

O Club

Para esto da historia necesitábamos descubrir á xeración dos cincuenta. A ver por quen se enteraron que existía o balonmán xentes como Benegas, Ricardo Fabas, Manolo da Caixa, Barreiro, J.Manuel e Nito do Mugar, Malé Sanfins, Paco Felipez …

A hipotesis mais probable e que o xermen fora o Instituto Alfredo Brañas, seguido de preto pola Escuela Hogar. Gema e Vence sementaron e Canedo foi o xogador que ademáis de destacar, aglutinou daquela a un grupo de rapaces para practicar un deporte que só se xogaba na zona de Ferrol.

Así naciu o Bergantiños C.B. con xentes como Coello de porteiro, Canedo, Juan Ramón, Julián (que hacía doblete balonmano-baloncesto), Alvarito. Muiño do Mugar, Javier Plástico, Manolo da Caixa, Canedo, Nión, Epi, Manolo Torres, Chispi, Farruco, Barreiro, Varela, Benegas, …

Escanear0024

Nos partidos da casa enchíase o antiguo pavillón. Coma na liga de 1980-1981 onde participaban os seguintes equipos:

BERGANTIÑOS
SADA GALISPORT
AT. PEÑARREDONDA
OAR CIUDAD
CCRD PERLIO
SRCD O POTE
CMI UNIDAD DE FENE
GALICIA CARANZA
S.D. EUME
CASINO MUGARDES

Co nacemento de Xiria e a impronta de Juan Ramón, comenzou unha segunda etapa da historia.

Historia

As Escolas Balonmán Xiria son froito de moitos anos de traballo por parte dun grande conxunto de persoas ligadas ao deporte no Concello de Carballo. Para entender cal é a importancia das mesmas dentro da comarca de Bergantiños e preciso coñecer brevemente a historia das mesmas, que se inicia dentro do seo da Asociación Deportiva Xiria.

Dita asociación naceu no ano 1.983 para ocuparse dos mal chamados deportes minoritarios no pobo de Carballo, unha poboación que por aquel entonces contaba con 13.000 habitantes. En aquel momento existían na nosa vila un club de baloncesto e outro de balonmán, que aparecían e desaparecían sen dar sinais de poderse asentar definitivamente.

O primeiro equipo federado da nosa asociación foi un de voleibol de categoría infantil masculina, que ademais disputou ese mesmo ano o Campionato de España. Posteriormente foron aparecendo as seccións de Balonmán, Baloncesto, Tenis de mesa, Xadrez e Atletismo.

Escanear0000

Co paso do tempo algunhas destas seccións desapareceron, sendo a tendencia a que permanecesen en funcionamento as de maior implantación e que contaban con xente suficiente dentro do organigrama da asociación para mantelas en activo.

Nos primeiros anos o nivel de esixencia tanto organizativo coma orzamentario estaba perfectamente cuberto, pero ao crecer o número de equipos así coma o cada vez maior nivel deportivo supuxo un aumento progresivo dos orzamentos, sendo esta a principal razón para que nun momento determinado tornárase necesaria unha separación clara das partidas económicas de cada unha das seccións, chegándose a un punto no que cada unha delas debería regular e responsabilizarse da súa relación ingresos/gastos. Esta decisión por parte da directiva de facer que cada sección se autoxestionase significou un punto de inflexión crucial para a A.D. Xiria. Dunha forma clara a partir dese momento o nivel deportivo e a nosa implantación na sociedade carballesas e bergantiñá aumentou ata levarnos, no momento actual, a ser o referente máis importante a nivel deportiva da nosa comarca.

Escanear0004

O seguinte paso, por lóxica, foi a diferenciación de cada unha das seccións no seu nome e no ano 2006 “bautizase” á sección de balonmán coma ESCOLAS BALONMAN XIRIA, sendo en todos os aspectos a continuidade de dita sección e asumindo todos e cada un dos seus retos, tanto en aspectos sociais, deportivos, organizativos e económicos.

Os fins das ESCOLAS BALONMAN XIRIA aparecen claramente definidos nos seus Estatutos Fundacionais e fan referencia á promoción do deporte. Na nosa inda curta andaina e pese aos primeiros pasos próximos ao deporte de elite, eses obxectivos continúan inalterable no fondo, e proba disto é que o número de rapazas e rapaces practicantes da disciplina do balonmán e de persoas implicadas no funcionamento da ESCOLAS BALONMAN XIRIA continua crecendo. Estamos convencidos de que isto é posible precisamente porque somos capaces de transmitirse á xente a nosa fonda ilusión polo deporte.

Xunta Directiva

A súa misión e orientar o futuro das Escolas Balonmán Xiria para que acaden os obxectivos marcados nos seus estatutos constitutivos. Entre os máis importantes está a difusión do Balonmán coma deporte ao alcance de todos no seo dun club dedicado ao traballo de canteira. Para tal fin definen anualmente os obxectivos pertinentes e distribúen as tarefas necesarias para o correcto funcionamento das Escolas entre o persoal que teñen a súa disposición.

Compostas na súa totalidade por persoas que non reciben remuneración algunha por parte das ESCOLAS BALONMÁN XIRIA:

Presidente: Luciano Calvo Pumpido
Vicepresidente primeiro: Norberto Penedo Rey

Vicepresidente segundo: José Antonio Rodríguez Fraga
Secretario: Ricardo Añón Seigas
Tesoureiro: Alberto Gómez Ferreiro
Vocais:
Iván Andrade Tasende
Carlos Cambón Porteiro
Amparo Cenicero Lacalle
Carlos Lepa Porteiro

CONTACTO

Enderezo: Vila de Noia s/n, Pabellón Zona Escolar, Carballo (A Coruña)
Teléfono: 609 560 955 (Marcos Rodríguez)
Email: balonmanxiria@gmail.com

 PISTA DE XOGO

Pavillón Vila de Noia
Teléfono 981 702 109