Comenza a liga benxamín e alevín

Este fin de semana, teremos unha gran actividade de balonmán en todas as categorías de Escolas Balonmán Xiria, xa que comenzan as competicións nas categorías benxamín e alevín de BM5.

No caso dos senior masculino, viaxan a Ribadavia para enfrontarse a Carnes Doribeiro, un recen ascendido que está a facer un inicio de tempada sobresainte, conseguindo que na súa todavía ninguén fora capaz de vencer. O Calvo Xiria afronta polo tanto un partido moi complicado no que terá que traballar moi ben durante os sesenta minutos se quere sair invicto da pista ourensana. O encontro disputaráse no Pavillón O Consello o Sábado as 18:30.

Xa nas categorías base de División De Honra, volta a viaxar o Laber Xiria e este sábado terá un difícil desprazamento a Lalín para medirse co equipo local que aínda non coñece a derrota, si ben, leva varios partidos aprazados. O que máis preocupa é a recuperación de algúns dos xogadores carballeses mancados nas derradeiras semanas, polo demais é unha boa oportunidade para que o equipo vaia afianzando e corrixindo facetas do seu xogo de cara o tramo final da primeira volta (Sábado 12:30, pav. Lalín Arena).

Os cadetes do Grupo Lemaco, enfróntase a domicilio tamén ao Lalín Carpintería Jar, o sábado ás 11:00 no Lalín Arena. Os locais non conseguiron puntuar; pero son un equipo con facilidade para marcar goles o que esixirá aos de Xiria estar acertados na faceta goleadora para non entrar en problemas. A parcela defensiva antóllase decisiva para marcar diferenzas no resultado; e abrigo se non quere complicarse un partido ao que a priori parte como favorito para levar os dous puntos.

Na DH Infantil Masculina, o Garaysa viaxa a Chapela para buscar sumar dous puntos despois de varias xornadas sin puntuar. O encontro ante o Bm Chapela será o Sábado as 13:00h no pav. Mpal. de Chapela.

As rapazas do Punta del Este Xiria, tamén viaxan, neste caso a Cangas para afrontar a sétima xornada da DH Infantil Feminina na sempre difícil pista do BM. Cangas.
(Domingo 12:30, pav. O Gatañal, Cangas).

Pola súa parte, as cadetes e lideres da clasificación, o Hierros Varela Urbieta Xiria, viaxan a Tui ca ambición de conseguir dous novos puntos que as manteñan no máis alto da táboa clasificatoria.
(Domingo11:15, pav. de Tui, Tui).

Xa na 2ª división, os Infantís Masculino do Marmolería José Rey Xiria, xogarán o derbi fronte ao BM Línea 21 en Coruña ca intención de sumar dous novos puntos que sempre son especiais nun derbi provincial (Sábado, 12:30, pav. Novo Mesoiro).

E por fin chega a competición dos máis pequenos. Primerira xornada de BM5 das ligas benxamín e Alevín mixta que se celebra en Carballo nos seguintes horarios:

Liga Alevín Bm 5, Grupo Costa, x.1, Sábado 10/11, pav. CEIP Fogar

– Camariñas – Telepizza Carballo Xiria, 10:45

– Grupo Lemaco Xiria (fem) – Laber Xiria, 12:15

– Lista Xiria – Xiria B (fem), 13:00

– CD. Concello de Zas – Camariñas B, 10:00

– Muxía – Ribadosar.es, 11:30

– Xallas – Ribadosar Alca, 13:00

Liga Benxamín Bm 5, Grupo Costa, x.1, Sábado 10/11, pav. CEIP Fogar

– Xiria B – Xiria A, 11:30

– Camariñas A – TLM Xiria, 10:00

– Concello de Zas – Camariñas B, 10:45

– Xallas – Ribadosar Alca Omega, 12:15