DSC04143

Comeza o Campionato de España para o Garaysa Xiria

Comeza esta fin de semana, o Campionato de España na categoría Infantil Masculina para o Garaysa Xiria, que se desprazará ata Valencia de Don Juan, provincia de León, para disputar o Sector B do Campionato de España no que se medirá ao Ademar de León, que xoga como local e faino como campión de Castela e León, ao Bm Astillero, que é o campión cántabro e á Unión de Bm Pacense, campión de Extremadura.

O equipo está preparado para afrontar tres partidos en tres días, a bo nivel. Para iso, adestraron durante todo o ano co obxectivo de competir e clasificarse para a fase final.
O sistema de competición, con tres partidos en tres días, proporcionará intensidade, emoción e bo balonmán, para goce dos afeccionados ao deporte.

Calendario: Os partidos disputaranse no polideportivo municipal Vicente López.

Venres 26 de maio

- 17:00 EDM Abanca Ademar León – Garaysa Xiria

- 18:45 EMBM Astillero – Union de Balonmano Pacense

Sábado 27 de maio

- 17:15 EMBM Astillero – Garaysa Xiria

- 19:00 EDM Abanca Ademar León – Unión de Balonmano Pacense

Domingo 28 de maio

- 10:30 Garaysa Xiria – Union de Balonmano Pacense

- 12:15 EDM Abanca Ademar León – EMBM Astillero

Antes de partir cara terras leonesas a expedición carballesa pasou pola sede de GARAYSA no polígono de Bértoa para recibir os ánimos e o apoio da xerencia e dos traballadores do seu patrocinador.

DSC04144

Os rivais:

Ademar

Ademar León

astillero

Bm Astillero

pacense

Unión Bm Pacense