Comezan as competicións de balonmán

Unha nova tempada iníciase este fin de semana para as Escolas Balonmán Xiria. Tanto os dous equipos senior (masculino e feminino) como os conxuntos de base que participan na División De Honra, comezan o ilusionante reto da liga 2018/19. No caso do Calvo Xiria, que parte cos máis altos obxectivos un ano máis, o comezo non pode ser máis esixente e é que os carballeses se desprazan a Lalín para enfrontarse este Sábado ás 19:00 no Lalín Arena a un rival directo polos postos altos da clasificación. Será o primeiro test para saber como chegan os bergantiñáns despois dunha pretemporada de seis semanas e cun plantel reforzado para afrontar as máis altas cotas. A convocatoria do equipo non se saberá ata despois do último adestramento, o Venres noite.

Pola súa parte, as rapazas do Goldie Xiria, estréanse na nova categoría de primeira autonómica cas ilusións renovadas. O primeiro rival que visita o Vila de Noia son as ourensás de Nova Xestion Pabellon, conxunto compacto e coas ideas de xogo claras. Sen a disputa de partidos amigables, espérase que o equipo creza a medida que avanza a competición. O conxunto bergantiñán mantén o bloque do ano pasado, polo que se puido preparar mellor para a nova tempada. As novas incorporacións irán collendo ritmo segundo pasen as semanas e os adestramentos. O partido disputarase o próximo Domingo as 12:00h no Vila De Noia.

Tamén será a primeira xornada para os equipos de división de honra das categorías base das Escolas Balonman Xiria. No caso do Grupo Lemaco Xiria, enfróntase como local ao A.D. Carballal, rival directo polos postos altos da clasificación. Deberán de ser fortes mentalmente á hora de afrontar o encontro, xa que estas primeiras xornadas sempre resultan complicadas ata que os xogadores collen o ritmo de competición. A pretemporada foi boa, por tanto, seguro veremos un bo partido. O partido dará comenzo este Sábado as 11:45 no Vila De Noia.

Os infantís masculino do Garaysa Xiria,  comezan a tempada na división de honra.  Será xusto antes dos cadetes (10:30h) e co mesmo rival, un gran equipo e un clube, o BM. Carballal, que está a facer un bo traballo ca base, polo que se prevee un enfrontamento complexo. unha primeira «batalla» para poder ver o que poden ofrecer estes rapaces na actual tempada.

Mención especial merece o Punta del Este Xiria, xa que vai ser o primeiro equipo feminino do clube en afrontar un reto na División de Honra. Nesta primeira xornada, o rival será a SAR Shopimagen de Redondela, conxunto co que xa xogaron as carballesas no Play Off, un conxunto que vai a esixir moito as nosas rapazas que afrontan a tempada con moitas gañas de crecer na máxima categoría galega. O partido disputarase o sábado 22 no pabellón A Bombonera as 12:45.