portada

Cómoda vitoria do Grupo Lemaco diante do Rasoeiro

Grupo Lemaco Xiria 42 – Balonmán Rasoeiro  30 (22-15)

Primeira xornada da segunda volta, e primeira vitoria para o Grupo Lemaco. Desta vez visitaba Carballo O Rasoeiro de O Grove nun partido controlado de principio a final polos xogadores carballeses, non se aplicaron en defensa cedendo moitos espazos ao rival pero souberon resolver e definir con boas accións no ataque.

Tras uns primeiros minutos de igualdade, o Xiria con boa circulación de balón e sabendo escoller as mellores accións de lanzamento foi poñendo diferenza no marcador e no xogo, pero polo contrario no era capaz de frear os ataques rivais, dando moitas facilidades ao Rasoeiro.

Seguiron as boas combinacións no ataque do Grupo Lemaco, movendo o balón con fluidez e acadando con facilidade a meta rival. O Xiria tiña a cabeza no ataque pero era deficitario na intensidade defensiva, o que fixo que ambos equipos se fosen a ese avultado 42 a 30 final.

Grupo Lemaco Xiria 42 (22): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 5, Adrián Mesejo 1, Mario Cancela 10, Dani Mallo 2, Franco Rial 1, Juan Pereira 2, Mario Rincón 1,  Diego Antelo 1, Carlos Varela 1, Aaron Rodríguez 1, Brais Vila, Iago Rincón 4, Fernando Mallo 4 e Alex Gómez 9.

Balonmán Raoeiro 30 (15): Antón Garrido (porteiro) , Eloy Fraga 1, Javier Garrido 10, Victor Iglesias, Alex Iglesias 2, Rodrigo Mouco 11, Nicolás Padín, David Rey 2, Martín Padín 2 e Sergio Nimo 2.

Marcador cada 5 min: 4-3/ 8-4 / 10-6/ 16-13/ 19-14/ 22-15/ 25-17/ 28-20/ 32-21/ 35-23/ 39-26/ 42-30

Arbitrou: Pedro Bermúdez, sen complicacións