collage2

Concentracións Seleccións Galegas

As distintas seleccións galegas levarán a cabo, a partir de mañá, as derradeiras concentracións para a preparación do Campionato de Esapaña de Seleccións Autonómicas que se disputa a vindeira semana na provincia de Pontevedra.

Seis rapaces das Escolas Balonmán Xiria acuden a estas concentracións posto que foron seleccionados para disputar o Campionato de España. Tamén participa o adestrador carballés Adrián Dubra, segundo técnico da selección xuvenil.

Así, os infantís do Garaysa Xiria Jualián García, Esteban Puñal e Martín Fuentes concénntranse combinado infantil no INEF (Bastiagueiro, Oleiros).

Os cadetes Alejandro Gómez e Mario Cancela, do Grupo Lemaco Xiria, acuden á concentración do equipo cadete que tamén ten lugar no INEF (Bastiagueiro, Oleiros).

Por último Andrés Vila, do Laber Xiria, participa na concentración da selección xuvenil, xunto co técnico Adrián Dubra, no Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas.

collage2