Concentracións Seleccións Galegas

Nova fin de semana de convocatoria de xogadores das Escolas Balonmán Xiria coa Preselección Galega.

Baixo a modalidade de concentración de dous días, 6 xogadores das Escolas Balonmán Xiria estarán concentrados esta fin de semana coa Preselección Galega de Balonmán correspondente..
O xuvenil Andrés Vila, do Laber Xiria foi convocado para a concentración da Preselección Galega Xuvenil que comezará o sábado día 25 de novembro ás 11:00 horas nas instalacións do Pabellón Polideportivo de Mondariz e finalizará o domingo día 26 ás 20:30 nas mesmas instalacións. Os xogadores estarán hospedados no Hotel Cemar de Mondraiz Balneario. Nesta concentración estará baixo as ordes do carballés Adrián Dubra como 2º adestrador da Xuvenil Galega, que está a preparar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se levará a cabo na provincia de Pontevedra do 2 ao 7 de xaneiro de 2018.

Os habituais Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal do infantil Garaysa Xiria e os cadetes do Grupo Lemaco Xiria Álejandro Gómez e Mario Cancela, foron convocados para a concentración da Preselección Galega Infantil e Cadete respectivamente, que comezará o Sábado día 25 de novembro ás 10:30 horas nas instalacións da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física de Oleiros (A Coruña) e finalizará o domingo día 26 ás 18:45 nas mesmas instalacións. Os xogadores estarán hospedados no Albergue la Merced.

collage2