CONGALSA BM. RIVEIRA 29 – CALVO XIRIA 26

Congalsa Bm. Riveira: Fekete, Pato (9), Peña (6), Iván García (1), David López (5), Andrés (7) e Iván Martínez (1) –equipo inicial- Ballesteros, Luís, Arce, Aller, Antonio, Pablo e José.

Calvo Xiria: Quique, Alberto (3), Hernán (1), Javi Zas, Marcos (1), Alfonso (3) e Carlos (2) –equipo inicial- Víctor, Nahuel (4), Cuco, Fernando (12), Chimpo, Pablo e Dubra.

Colexiados: Correcta actuación dos árbitros López e Martín do colexio madrileño.

Parciais cada 5 min: 2-3, 6-4, 8-6, 9-7, 10-10, 12-10, 15-13, 17-16, 18-19, 22-20, 26-22, 29-26

O Calvo Xiria caeu derrotado na súa visita ao Congalsa Bm. Riveira 29-26.

Duelo directo entre os dous ultimos clasificados que se foi para o bando ribeirense nos derradeiros dez minutos do choque.

Partido moi rifado, con constantes igualdades no electrónico e que se decantou para os do Barbanza nos derradeiros minutos grazas, en gran parte, ás perdas de balon dos carballeses neste tramo final, á boa actuación culminando os contragolpes do Riveira do extremo chileno Pato Martínez e á boa dirección dende o banco de Gabi Ben Modo que suplíu con creces e fixo esquece-la ausencia do titular do banquiño ribeirán Luciano Fernández.

Salientar no Calvo Xiria a reaparición tras moitas xornadas ausente de Fernando Vázquez, autor de 12 goles.