Convincente vitoria do Laber Xiria

O conxunto de Carballo conseguíu una importantísima vitoria ante o BM. Lalín e recuperou as boas sensación no 40×20. Os de Xiria comenzaron o partido levantando  un muro en fronte da portaría de Antonio e foron  fraguando a súa contundente vitoria a partir do seu sistema defensivo, a pesar dúns primeiros minutos irregulares en tarefas atacantes. Segundo ían pasando os minutos e o conxunto carballés se asentaba na pista, a resolución ao contragolpe abría as primeiras diferencias no meridiano do primeiro acto (7-3). Con esa velocidade de cruceiro e xa centrados de pleno na contenda, os de Xiria seguirían ampliando a súa vantaxe até o tempo de descanso, conseguindo un 8-0 de parcial nos últimos quince minutos deste tempo. O blocaxe, autoritario nos lanzamentos exteriores do rival, a contundencia no 1×1, así como o funcionamento colectivo nas axudas, pechaba todas as vías rivais cara ao gol e incrementaba a semilla da impotencia dos dezanos. O posicional funcionaba agora de forma máis regular e os lanzamentos eran moito máis efectivos. As solucións aparecían en todas as liñas e a defensa rival víase inoperante no último tramo do primeiro acto. A vantaxe dos bergantiñáns ao descanso era contundente (19-5) e as sensacións melloraban co transcurrir dos minutos.

A vitoria final para o conxunto carballés, continuouse construíndo da mesma forma no segundo tempo, non dando lugar a sorpresa alguna e aínda que a intensidade baixou de forma considerable, o Laber Xiria foi amo do xogo en todo momento. Os dous puntos quedan polo tanto en Carballo e os verdinegros seguen, desta forma, nunha terceira posición de privilexio..

Para a semana, haberá que afrontar o segundo derbi contra o conxunto coruñés do BM.Artabro, un equipo que atesoura gran calidade en todas as súas liñas e que, a bo seguro, exixirán o máximo aos de Xiria si estes queren continuar no lugar da clasificación que ocupan.

Laber Xiria: 36 (19+17). Manuel Souto (p), Antonio Mato (p), Samuel Castiñeiras (p),  José Varela (1), Andrés Vila (11), Manuel Sánchez, Roi Alfeirán (3), Ronaldo Durán (1), Andy Rey (3), Fran Rey (1), Juan Carlos Rodríguez (10), Santiago Oreiro (4), Alejandro Gómez, Andrés Urbieta (2).

BM.Lalín: 19 (5+14). Cristian Varela, Juan E. Lago (1), Miguel González, Brais González, Simón Peña (5), José Rodríguez (4), Alberte Payo, Roi Sierra, Brais Lalín, Manuel González, Mario Silva (1), Antón Cean, Pedro Toimil (8), Diego Carrón.

Colexiados: Angel Villar e Aaron Sestay. Sen complicacións.

Parciais cada 5´: 1-0 /2-2 /7-3 /11-5 /14-5 /19-5-Descanso-22-6 /24-8 /28-12 /30-15 /34-19 /36-19-Final.

Incidencias: Partido da 15ª  xornada da División de Honra 2016/17, celebrado no pavillón Carballo Calero ante un centenar de seareiros.

Fotos Do Encontro:

DSC_0282

DSC_0286

DSC_0287

DSC_0289

DSC_0298

DSC_0303

DSC_0314

DSC_0317

DSC_0325

DSC_0333

DSC_0338

DSC_0339

DSC_0341

DSC_0342

DSC_0343

DSC_0348