Convocatoria Seleccións Autonómicas

Sete rapaces das Escolas Balonmán Xiria citados para os adestramentos dos distintos combinados  autonómicos.

Na categoría infantil, os rapaces do Garaysa Xiria, Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal,  foron convocados para realizar unha sesión de adestramento daSelección Infantil Masculina o domingo 8 de outubro ás 18:30 horas no Pavillón A Bombonera de Redondela.

Na categoría cadete, Diego Lema, Álex Gómez e Mario Cancela foron convocados para realizar unha sesión de adestramento da Selección Cadete Masculina o vindeiro domingo 8 de outubro ás 18:30 horas no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo.

Por último, na categoría xuvenil, Andrés Vila foi convocado para realizar unha sesión de  adestramento da Selección Xuvenil Masculina o domingo 8 de outubro ás 17:00 horas no Pavillón Lalín Arena.