Curso de Árbitro de Balonmán Nivel I

A Federación Galega de Balonmán e Escolas Balonmán Xiria organizan en Carballo un curso de Árbitro de Balonmán Nivel I, curso que tamén habilita para exercer na mesa como cronometrador/anotador.

O curso impartirase no CEIP Fogar. Consta de 20 horas lectivas e desenvolverase co seguinte calendario:
– Luns 5 de febreiro: de 20.00 h a 22.00 h (2 horas)
– Luns 19 de febreiro: de 20.00 h a 22.00 h (2 horas)
– Sábado 17 de marzo: de 9.00 h a 14.00 h (5 horas)
– Venres 23 de marzo: de 19.00 h a 22.00 h (3 horas)
– Sábado 24 de marzo: de 9.00 h a 13.00 h (4 horas)
– Domingo 25 de marzo: de 9.00 h a 13.00 h (4 horas)

Será impartido polo colexiado ourensán Pablo Álvarez Vázquez, árbitro da categoría de 1ª División Estatal dende o ano 2010.

O curso ten carácter gratuíto.
Para máis información e inscricións contactar no teléfono 609 562 376 (fernando Vázquez)