collage2

Decembro chega con convocatorias para as Seleccións Galegas

Decembro chega con máis convocatorias dos nósos rapaces para a Preselección Galega de Balonmán.
Semana tras semana, seguen a ser chamados varios dos nósos xogadores das Escolas Balonmán Xiria para cadansúa Preselección Galega de Balonmán.
Álejandro Gómez e Mario Cancela do equipo cadete Grupo Lemaco Xiria adestrarán o vindeiro domingo 3 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón Multiusos de Pontevedra. No mesmo pavillón e á mesma hora están chamados os infantís do Garaysa Xiria Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal.
No canto da Preselección Galega Xuvenil, que conta co preparador carballés Adrián Dubra como 2º adestrador, o vindeiro domingo 3 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón Lalín Arena de Lalín, estará adestrando o xogador do Laber Xiria Andrés Vila, tamén xogador do equipo Senior Calvo Xiria.
collage2