Derbi para o Goldie Xiria

Partido moi igualado o disputado na mañá do domingo no Carballo Calero entre o Goldie Xiria e o Encaixes Camariñas. Antes do inicio do mesmo a Selección Española W19 fixo unha visita na mesma instalacións aos equipos femininos de Escolas Balonmán Xiria, xesto moi amable, de agradecer por parte das internacionais españolas.

Mandou no marcador o equipo camariñán mentres as xogadoras carballesas non pecharon as liñas de pase á pivote, e as penetracións da primeira liña. Este feito impedía que puidesen saír á contra e acadar posicións vantaxosas de lanzamento. Unha vez resoltas as dúbidas en defensa o partido púxose de cara para o Goldie que en rápidas transicións acadaba goles sen necesidade de chegar ao ataque posicional. O partido non se rompeu até os derradeiros dez minutos polas perdas de balón nas que caeu o Xiria, que permitiron ao Bm Camariñas estar con opcións no partido. Mais o incremento da intensidade defensiva nos derradeiros intres, e  o acerto de cara ao gol sentenciaron o encontro, deixando os puntos en Carballo.

Incidencias: partido disputado no Pavillón Carballo Calero ante preto de 100 seareiros. Colexiado: Pablo Torreiro Barros do colexio galego. Castigou con exclusión polo Goldie Xiria a Raquel Gómez (23´, 34´) namentres polo Encaixes Camariñas foron sancionadas Isabel Baña (15´), Águeda Antelo (28´), Minia Calvo (51´). 7 metros: Goldie Xiria 2//2   Encaixes Camariñas  1//4.

GOLDIE XIRIA 28 (15+13): Andrea Pose [p], Brena Noya [p],  Juana Garrochena (5), Sara Trigo (4), Alba Rodríguez (1), Tamara Pombo (2), Adriana Groba (1), Natalia Solís (1), Nuria Noya, Saray Couto, Uxía Pazos, Sheila Ferreiro (1), Raquel Gómez (7), Diana Ródríguez, Zeltia Landeira (6).

ENCAIXES CAMARIÑAS 24 (13+11): Tamara Cabrejo [p], Minia Calvo (7), Laura Castro (4), Águeda Antelo (1), Marta Canosa, Ana Barreiro, Dolores Parapar, Ana Canosa (1),Cristina Blanco (1), Tatiana Iglesias (1), Isabel Baña (9), Nerea López, María Oanes.