Derrota do Alevín A en Coruña

O Xiria A alevín, viaxaba o pasado sábado Coruña para enfrontarse ao OAR no pavillón San Francisco Javier. Eran baixas Manuel Múñoz por unha pequena escordadura de nocello e Erik Vázquez por un longo proceso gripal. Os alevíns de Xiria, atopáronse nesta ocasión cun rival que foi superior e que conseguíu vencer nos catro tempos. Os carballeses non puideron co ataque dos locais e víronse superados en facetas defensivas polas individualidades Oaristas. No ataque dos verdinegros, faltou un pouco de mobilidade sen balón e traballo en desmárquelos, pero aínda así, os bergantiñáns conseguiron 16 goles nos corenta minutos totais de xogo. O esforzo e a ilusión, como sempre, foron sobresaientes neste grupo de xogadores, así que só queda seguir traballando para que o equipo mellore semana a semana tanto en defensa como en ataque.

OAR: 8 – Xiria alevín A: 0

1º Tempo: 6-5

2º Tempo: 8-3

3º Tempo: 7-5

4º Tempo: 6-3

Xiria A alevín BM7: Samuel Veiga (3), Pedro Porteiro, Manuel Rey, Miguel Cambón (2), Manuel García, Alejandro Tato (2), Angel Viña (2), Oscar Tasende (1), Miguel Pérez (2) e Alex Vázquez (p).