Derrota do Calvo Xiria en Pontevedra

Non mellorou o xogo o Calvo Xiria na visita que rendeu ao Municipal pontevedrés este domingo. Os numerosos erros de lanzamento nos primeiros quince minutos provocaron que os carballeses chegasen ao ecuador da primeira metade con tan so 3 goles no seu marcador. Froita da maior intensidade en defensa e a actuación de Iago puido chegar ao descanso cun empate que era un mal menor visto o pouco que facía en ataque o conxunto verdinegro. No segundo tempo a efectividade dos locais aumento en consonancia ca baixada na defensa do Xiria, namentres en ataque non era quen de superar a defensa pontevedresa, e nas veces que o conseguía aparecía a figura do meta local para evitar que o balón rematase na rede. Tampouco a defensa presionante conseguiu o seu obxectivo e os puntos quedaron na cidade do Lerez.

Segue a ser líder o Calvo Xiria, mais cos seus rivais cada vez máis preto na clasificación. Este sábado os carballeses xogan na casa precisamente ante un deses conxuntos, o Rodosa Bm Chapela. Necesitan os carballeses volver a súa mellor versión para seguir a loitar por unha desas dúas prazas que dan opción a xogar a fase de ascenso, e o apoio dos seus seareiros será vital para acadar esta vitoria.

Incidencias: partido disputado no Pavillón Municipal de Pontevedra ante uns 100 seareiros. Colexiados: Samuel Aguilar Santos e Samuel Mérida Fernández do colexio andaluz. Castigaron con exclusión polo SD Teucro Asegrup a Felipe Lorenzo (15´), Carlos Gehrhardt (20´, 27´), Adrián Pumar (37´), José Pedreira (45´), namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Hugo Rodríguez (17´), Gonzalo Pombo (22´), Javier Rodríguez (38´), Brais Puñal (48´), 7 metros: SD Teucro Asegrup  4//4   Calvo Xiria 6//7. Marcador cada 5 minutos: 2-1, 3-2, 6-3, 7-4, 10-7, 10-10, descanso, 13-11, 15-13, 20-14, 22-18, 26-20, 30-24.

SD TEUCRO ASEGRUP 30 (10+20): Héctor Gil [p], Felipe Lorenzo (3), Aser Costal (3), Adrián Pumar (1), Carlos Gehrhardt (2), Sergio Altirriba, Sergio Doval (1), Sergio Lorenzo (2), José Carlos Ameijeiras, David Rey, Miguel Novo, José Pedreira, Alberto Garrido (16).

CALVO XIRIA 24 (10+14): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Gabriel Castiñeiras (1), Brais Puñal (3), Pablo Iglesias (7), Miguel Suárez-Pumariega, Uxío Batán (2), Sergio Facal (1), Gonzalo Pombo, Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (2), Julián López (1), Andrés Vila, Hugo Rodríguez (5), Juan Carlos Rodríguez (1).