Derrota do Garaysa Xiria Feminino fronte o Bm Lucus

O pasado domingo disputaba o Garaysa Xiria Feminino o primeiro partido da Copa Norte B contra o Bm Lucus. O equipo local tiña como obxectivo seguir crecendo para tratar de competir cada vez máis os partidos.

 

Desde os primeiros minutos viuse a dinámica do partido. O ataque das luguesas buscaba continuos desdobramentos e, dentro de 9 metros eran onde a defensa local se mostrába máis fráxil. No ataque as xogadoras do Garaysa conseguían desbordar, pero unha vez máis os lanzamentos penalizaban ao ataque. A diferenza de idade e de corpo é unha factor determinante, pois os lanzamentos do Garaysa son errados en moitas ocasións pola dificultade para lanzar forte un balón que van utilizar ata cadetes.

 

A segunda metade mantívose polo mesmo camiño, en defensa os descoidos á hora de marcar á sua par e a falta de contundencia en 9 metros facía que se encaixasen demasiados goles e, en ataque conseguíase chegar a situacións claras de gol, pero esta vez con algo máis de acerto. A pesar do resultado o Garaysa continúa a crecer cada xornada.

 

GARAYSA XIRIA FEMININO 15 (6+9) Lucía Lema [p], Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García (1), María Patiño (2) , Coral Ruibal (2), Candela Couto (7), Natalia Cancela (4), Ana Pombo.

 

BM LUCUS 25 (14+11) Sara M.(10) , Sofía, Laura, Ángela (14), Julia, Sofía (4), Jennifer, Antía, Lucía, Claudia, Lara.