Derrota do Goldie Xiria ante o lider

Visitaba o Goldie Xiria Porriño sen ningún complexo e coa idea de seguir a súa progresión persoal como colectivo ante un exame en grao sumo esixente. Despois de entrar realmente frías no encontro, como o acredita o 8-2 do minuto quince, as de Carballo foron recuperando terreo a partir do meridiano do primeiro acto, establecendo un parcial de 5-6 neste tramo e un marcador de 13-8 no tempo de descanso. A segunda parte comezou como terminou a primeira, coas de Xiria mantendo o tipo ante un enorme rival, e conseguindo que os algarismos se situasen por baixo dos dez goles de diferenza. Foi no último suspiro e a falta de dez minutos, cando, tras encadear varias perdidas de balón e acumular algunhas decisións precipitadas, as de Porriño superaron esa barreira psicolóxica dos dez tantos de diferenza, beneficiándose dos erros das verdinegras e ampliando a súa vantaxe no contragolpe ata o 34-18 final.
A semana que vén a competición fará un parón, motivado pola ponte de Decembro e en quince días será o BM.Lavadores o que visite Carballo.

BM Porriño: 34 (13+21). María Groba (3), Lucía López, Sandra López (7), Sara Carril (4), Andrea Cadenas (1), Candela González (4), Laura Pampillón (2), Cristina Martínez, Sabela Otero, Sheila Campos, Claudia Blanco, Bea Amarilla (6), Norma Amarilla, María Liranzo (7).

Goldie Xiria: 18 (8+18). Brenda Noya(p), Andrea Pose (p), Uxía Pazos, Nuria Noya, Saray Couto, Alba Rodríguez(1), Raquel Gómez (2), Juana Garrochena(5), Adriana Groba, Zeltia Landeira (6), Elena Segade (2), Sara Pombo (2).

Parciais cada 5´: 1-1/ 5-1 / 8-2 / 10-5 / 10-7 / 13-8 -Descanso- 16-10 / 19-12 / 23-15 / 27-17 / 29-17 / 34-18 -Final.

Arbitros: Jposé María garcía e Christian García. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da novena xornada (liga 2016/17) en 1ª Autonómica feminina, disputado no Pavillón municipal de Porriño ante un centenar de siareiros.

Fotos do encontro:

img_20161126_203937

img_20161126_204131

img_20161126_204245

img_20161126_204615

img_20161126_205753

img_20161126_210752

img_20161126_210755

img_20161126_211250

img_20161126_211252