Derrota do Grupo Lemaco Xiria diante do Lalín

Grupo Lemaco Xiria 27 Balonmán Lalín  35 (13-17)

Non era a mellor semana para recibir a un dos equipos máis fortes, varias baixas e unha excusión impediron ao Xiria ter a seus xogadores en condicións óptimas para facer fronte ao seu rival desta semana.

O Grupo Lemaco dispúxose no terreo de xogo con gañas de amosar a súa melloría dos derradeiros encontros, sen encollerse ante uns xogadores fisicamente superiores e con boas combinacións e ritmo de balón en ataque. Nunha primeira parte igualada o Lalín tomaba vantaxe ao descanso por varios lanzamentos consecutivos fallados polo Xiria.

Pero as forzas, sobre todo en defensa, ían xustas, e pagouno en exceso o Grupo Lemaco na segunda metade, incapaz de parar o lanzamento exterior dos primeiras liñas rivais, e non atopando por veces en ataque a portería contraria. Os lalinenses  conservaron un cómodo colchón no marcador que lles permitiu xogar a parte final do encontro sen complicacións e facerse coa vitoria en Carballo.

Grupo Lemaco Xiria 27 (13): Diego Lema (porteiros) Iago Rincón 3, Iker Martínez, Alex Gómez 8, Andrés Urbieta 3, Renzo Díaz, Xurxo Díaz, Mario Rincón 5, Adrián Mesejo, Franco Rial 1, Brais Vila 5, Manuel Varela, Diego Rodríguez e Mario Cancela 2.

Balonmán Lalín  35  (17): Couso Patiño (porteiro)  Lago Fernández 8, Brais González 15, Roi Sierra 7, Otero Sánchez, Expósito Gómez, Peña Fernández 1, López González, Iglesias Azurmendi 4, Gil Silva, Conde Carral e Carbón Surribas.

 

Arbitraron: Aarón Sestay e Angel Villar, excluíron a Adrián Mesejo, Alex Gómez  e Brais Vila polo Xiria e a Lago Férnandez e Peña Fernández polo Lalín