Derrota do Laber Xiria diante do Seis do Nadal

Seis do Nadal 35 – Laber Xiria 18 (17-9) 

Difícil compromiso para o Laber Xiria no desprazamento a Vigo para medirse a un dos equipos favoritos do Campionato de Liga, a superioridade do rival quedou plasmada dende os primeiros compases do encontro. Non tivo o Xiria o día de cara a gol, facendo que os porteiros do Seis do Nadal se lucisen nos lanzamentos, pese a ter ritmo e chegar con boas opcións de lanzamento.

Comezou trabado o Xiria con erros de lanzamento tras superar de forma efectiva a defensa do Seis do Nadal, mentres que non era capaz de atallar as accións de ataque do rival. Mandaban os vigueses no marcador, que aproveitaban para contra golpear as perdas de balón do ataque do Laber, a maior diferenza marcaba o resultado da primeira metade 17 a 9.

Un Xiria máis centrado e con subida da intensidade defensiva, cerraba mellor diante dos seus porteiros e conseguía reducir distancia momentaneamente, pero outra vez as perdas de balón e o desacerto diante da portería daban ao traste co esforzo realizado e cedía diante dos Seis do Nadal. Non estivo o Xiria metido no encontro e cedeu cun 35 a 18

Seis Do Nadal: 35 (17). Antonio Branco, Damián González, (2), Yago Santomé, Javier López, Rubén Iglesias (5), Antón Rivas (1), Marcos Domínguez (1), Adrián Rodríguez (6), Xabier Soutullo (1), Martín Gayo (6), Xurxo Rivas (2), Isaac Cabanelas (2), Víctor Iglesias (5), Samuel Couto, Víctor Doval (4), Daniel Salgueiro

Grupo Lemaco Xiria 18 (9): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Andrés Vila 5, Fran Rey 2, Santi Oreiro 1, Andrés Urbieta, Pedro Pereira 2, Pablo Cambón , Manuel Sánchez, Roi Alfeirán 4, Brais Vila, Iker Martínez, Iago Rincón 2, Dani Trigo e Alex Gómez 2.

Marcador cada 5 min: 4-2/ 7-4 / 11-5/ 14-6/ 15-7/ 17-9/ 20-13/ 24-13/ 26-15/ 28-16/ 31-16/ 35-18

Arbitraron: José María García e Andrés Hermida, sen complicacións