Derrota do Marmolería José Rey

Na mañá do sábado viaxaba o Marmolería José Rey Xiria a Lugo para enfrontarse ao Bm Lucus. O comezo do partido estivo marcado polos descoidos e a falta de intensidade dos carballeses. Con todo, mediado o primeiro tempo o equipo repúxose e comezou a defender  anticipándose ao rival, isto e a gran actuación de Alex baixo paus fixo que o equipo comezase a recuperar balóns. Coa confianza dunha boa defensa o ataque mellorou e o partido chegou a estar igualado en canto a xogo. Desta maneira chegamos ao descanso cun 10-6 no marcador.

Á saída de vestiarios, os nosos non saíron todo o centrados que deberían  e o equipo local aproveitou para escaparse no marcador. Os minutos restantes serviron para seguir aprendendo.

BM LUCUS 23 (10+13) Juan, Adrián, Brais, Esteban, Sergio, Pablo, Manuel, Samuel, Samuel R. , Brais, Adrian (6), Baldomero, Pedro, Miguel, Jorge(2), Henrique(8), David(6), Nicolás

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 15 (6+9) Nicolás García, Samuel Regueira (2), Samuel Veiga (6), Oscar Tasende (3), Miguel Pérez

(1), Pedro Porteiro (1) Alejandro Vázquez, Bruno Facal (1), Aaron Rodríguez

(3)

(4)

1

2