Derrota para o Garaysa feminino nun partido igualado

O Garaysa recibía este sábado ao Ribadosar coa intención de seguir disfrutando na pista como fixera a pasada semana. O comezo do partido foi bo, en ataque, con boas combinacións entre a primeira liña e a segunda liña, conseguindo enlazar accións en velocidade, con todo na finalización non estabamos acertadas. Na faceta defensiva as mozas carballesas estaban un pouco máis brandas, non eran capaces de frear os ataques das primeiras liñas de Ribadosar, que eran superiores fisicamente. Con esta dinámica chegamos ao descanso con 4-5 no marcador.

Á volta de vestiarios o Garaysa enganchouse ao partido cunha boa actuación de Lucía Lema baixo paus. En ataque nosas xogadoras conseguían enlazar xogadas coa pivote, con sumo acerto. As nosas xogadoras estaban a facer un xogo bo e dinámico, mais todo cambiou cando o rival prantexou unha defensa presionante. Aí vimos ás xogadoras do Garaysa sen alternativas, perdendo demasiados balóns e realizando un xogo que non é o que veñen practicando. Así chegamos ao marcador final de 12-16. Con todo, vimos a un Garaysa capaz de competir e gozar cando realiza o seu xogo.

 

GARAYSA XIRIA 12 (4+8) Lucía Lema [p], Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García (2), María Patiño (1), Coral Ruibal (2), Candela Couto (1), Natalia Cancela, Ana Pombo (6), Lara Hernández

BM RIBADOSAR  16 (5+11) Laura Becerro, Daniela Abalo (3), Verónica San Román, Valeria Ninni (6), Laura (1), Natalia López, Sofía García, Carla Veiga, Alicia Posse (2), Alicia Silvosa, Ivet Suárez, Lidia Sandá (4), María Cambón.

Garaysa femenino2

Vídeo do partido: