IMG-20171112-WA0011

Derrota para o Garaysa Xiria femenino

Continuaba este domingo a competición para o Garaysa Xiria Femenino, as cales viñan de enfrontarse a pasada semana en Ponte do Porto co Camariñas. Nesta nova xornada enfrotábanse a Parrillada La Ronda Arteixo, equipo na súa mayoría de xogadores de 2ºano.

O partido comezou con moitas imprecisións en ataque por parte dos 2 equipos, repetíndose os momenos de nervios e imprecisións que sufrirán na primeira xornada de liga. Malia as imprecisións en ataque o Garaysa sentíase cómodo na defensa e conseguía recuperar a posesión. Dando lugar a un marcador de 1 – 2 pasados xa os 10 min no marcador. A partir deste momento o Garaysa disminuiu a intensidade defensiva e as xogadoras do Arteixo conseguían penetrar na defensa mediante desdoblamientos de extremos e xogadas de 1 contra 1. Rematando a priemeira parte do electrónico cun 2 – 8 abaixo para as de Garaysa.

Co comezo da segunda parte o equipo fixo un ánimo de querer cambiar o rumbo do partido, pero a forte defensa das xogadoras do Arteixo e a boa actuación da súa guardameta fixeron imposible para as de Garaysa acercarse no marcador. Dando lugar nos minutos restantes da segunda parte a un resultado similar o ocurrido na primiera metade. Cabe destacar a actuación de Lucía, porteira do Garaysa, que ataxou máis de 10 lanzamentos en todo o partido e evitou que a diferencia aumentara.

 

GARAYSA FEMENINO: 3 (2+1) Lucía [p], Paula, Stefanía, Uxía, María G., María P, Coral (1), Candela, Natalia (2), Ana

PARRILLADA LA RONDA ARTEIXO: 16 (8+8) Candela (6), Paula, Adela (1), Lara, Paula V., Marta (3), Diana, Lucía, Nerea, Triana, Carla, Adriana (2), Antreliz (4)

Próxima xornada: BM LUCUS- GARAYSA XIRIA FEMENINOIMG-20171112-WA0011

IMG-20171112-WA0013

IMG-20171112-WA0015

IMG-20171112-WA0018

IMG-20171112-WA0019